sábado, 31 de marzo de 2012

El lucense Luis Méndez logra el campanu del Eo

El santirseño coto de A Pena dio ayer, como pronosticaron los ribereños al inicio de la campaña, el primer salmón de la temporada en el Eo. El campanu del río más occidental de Asturias pesó 3,6 kilos y fue sacado a tierra por el pescador lucense Luis Méndez.

Sobre las seis de la tarde, en el que era el primer lance de su jornada de pesca, Méndez logró capturar el preciado salmón, el primer campanu de su vida. Es pescador habitual del Eo, ya que es vecino del municipio lucense de A Pontenova, en la zona gallega del río. «Empecé a pescar con mi padre, cuando era niño», explicó.

Méndez, que recibió la ayuda de su hermano Pablo y de su amigo Gabriel Pérez, pescó el salmón a mosca. Ayer se mostró emocionado por la captura y aseguró que se comerá la pieza acompañado de sus amigos y su familia. «Le haré alguna foto primero y después nos lo comeremos», bromeó.

Asegura que su buen tino fue cuestión de suerte, ya que el río está demasiado bajo de agua. Es el comentario habitual de los ribereños, aunque aseguran que se ve algún que otro salmón.

Ayer en el coto, apoyado en el puente que da acceso a la capital santirseña, el gancheiro José Pérez se mostró satisfecho con que el Eo empiece a engrosar su lista de capturas. «El domingo cambia la normativa y se permitirán todos los cebos, lo que siempre es más efectivo y animará más la presencia de pescadores en las riberas. Pero salmones hay, éste es el mejor río del mundo». Este experimentado gancheiro, más conocido como Pepe «el Barbas» sólo pide un poco de lluvia que consiga hacer crecer el caudal del río medio metro. «Así estaría perfecto», asegura.

El campanu del Eo no fue el único ejemplar de la jornada, ya que el Narcea, el río más prolífico en lo que va de campaña, dejó también un salmón ayer, el sexto de la temporada en este río y el décimo en lo que va de campaña en Asturias.

Lo capturó el deportista moscón José Luis Álvarez Galán, y lo hizo a cucharilla. El ejemplar daba un peso en la báscula de 6,9 kilos y fue conseguido en la zona baja del río.

En el resto de los ríos asturianos la jornada no dejó más capturas. En el Sella y el Cares el caudal continúa algo bajo y los pescadores apenas sí ven algún ejemplar. Algo parecido sucede en el río Esva.

A partir de mañana también se ampliará el horario de pesca, que pasará a ser de 7.40 de la mañana a 21.15 horas.

 www.lne.es/  T. CASCUDO

Crónica da maratón de Barcelona 2012.


Por Breogán Valcárcel
Conta a lenda que o soldado grego Filípides, no ano 490 antes de Cristo, correu a distancia que hai entre a vila de Maratón a Atenas, uns 40 km, para comunicar a vitoria dos atenienses sobre os persas inimigos. Tal foi o esforzo que o valeroso home só puido dicir “Vitoria” e faleceu de fatiga e agotamento.
 Esta xesta épica serviu de pretexto ao movimento olimpista para instaurar esta proba atlética de fondo a finais do S.XIX. En 1908 quedou establecida a distancia oficial de 42km e 195 m, por cousas do azar, pois era a distancia que había entre a cidade inglesa de Windsor e o palco do estadio White City de Londres, onde se atopaba a raíña de Inglaterra.
 O certo é que esta compoñente mítica da maratón, xunto ca dificultade medida da distancia, fan desta proba o reto por antonomasia de todo corredor ou corredora de fondo. E para @s riguiletes e albións tamén!
 E alá se presentaron en Barcelona a fin de semana do 25 de Marzo de 2012 Miriam Rivas dende Calahorra, Ventura, Breogán e Santi Coladas dende Galicia e Fernando Morado dende Mallorca, dispostos a completar a xesta levando o nome da Pontenova no peito.
 Máis alá da proba en sí, a vivencia contempla unha variedade de experiencias que van dende os meses previos de coidados entrenamentos ca incerteza de se poderás co reto, ata a complicidade dos momentos vividos nunha fin de semana moi intensa.
 O Sábado pola tarde noite, a amiga italiana Francesca, deleitounos cunha soberbia pasta italiana que sen dúbida nos encheu de enerxía, ademais de marabillar o paladar! A noite previa a unha competición coma esta, sempre é un mar de dúbidas, un desasosego ante a necesidade de durmir. Ao final Morfeo acaba vencendo os nervios.
 O Domingo ás 7:30 da mañá reunímonos @s aprendices de atletas no hotel de “concentración” e marchamos cara o lugar de saída, preto da Praza de Espanya e das fontes de Montjuic. Unha vez alí, Fer, Miriam, Ventura e máis eu situámonos na cola da marea de xente que participaba. Case 20000 inscritos!, dos que case a metade eran estranxeiros atraídos polos encantos turísticos da cidade condal, o cal lle dá á proba un aire diverso e cosmopolita, onde cadaquén dalgunha maneira expresa o orgullo da súa orixe. Había tanta xente que houbo que dar a saída, a partir das 8:30, en tres tandas, e nós pasamos pola liña de saída máis de 15 minutos máis tarde que os primeiros atletas.
 E comezamos a correr, a suspirar polo que nos quedaba por diante! O recorrido da maratón é moi atractivo e cómodo, transcorre integramente polo núcleo central da cidade. Pasamos polo Camp Nou, pola Gran Vía, por Passeig de Gràcia e La Pedrera, pola Sagrada Família, pola Meridiana... os primeiros km foron transcorrendo dunha maneira entretida e distendida, falando entre nós, facendo bromas, observando as rúas e a xente, vendo anécdotas singulares. Por exemplo un home veterano que corría descalzo, outro que corría botando unha pelota de baloncesto, un grupo de xente que levaba un cabezudo!, atletas disfrazados. E por suposto unha cidade volcada e animando que che poñía muitas veces a pel de galiña. Ao levar o nome ben grande no dorsal a xente anímate mencionándote directamente. E non sabemos porqué, pero o público masculino animaba especialmente a Miriam... ;) Vamos Miriam!, Vamos Miriam!
 No km 21 uniuse ao grupo o amigo e riguilete de Barcelona Octavio, canario afincado en Barcelona e compañeiro de batallas e “curses” (carreiras en catalán) de Fer e Breo, cando estes vivían alí. Seguiron discorrendo os km placidamente e enfilamos cara a zona de Diagonal Mar e a Torre Agbar, achengádonos ao momento decisivo dos 30 km. Nesta zona a presencia de público era incrible, escoitabas os gritos e acenos da xente coma se foras un ciclista subindo o Tourmalet. No km 27 tamén se nos uniu outro amigo riguilete afincado en Barcelona, Suso Mon, de orixe galega, disposto a axudarnos ca última parte da proba, sabedor, el que ten 4 maratóns ás súas costas, entre eles o de New York, que se aproximaba o temido “muro” que todo maratoniano coñece.
 A partir do km 30 a dinámica de unidade do grupo esfarelouse. Ventura, que vén arrastrando problemas musculares nunha perna desde fai meses, decidiu parar, tal como tiña adiantado, neste punto, para ir andando e correndo aos poucos. Miriam e máis eu tiramos diante e, sen darnos conta, perdemos a Fer de vista, quen pouco despois da parada de Ventura faría o mesmo para avituallarse ben e facer os últimos km.
 Por tanto Miriam e máis eu iamos diante e Ventura e Fer acabarían xuntándose e facendo camiño. Chegado o km 32 comecei a notar a fatiga, iso que no argot se chama o “muro”, a “pájara”, o “home do mazo”. As pernas comezaron a fallar, xa non querían levantarse ca cadencia normal. Comecei a regañar os dentes, a cabeza tampouco quería ir ergueita, tendía a mirar para o chan. Tocaba sofrer! Deixei de falar, de rir, e os ánimos e aplausos da xente comezaron a ser un balbordo de fondo que me deixou de importar. Sei que un home berrou: “Venga, se acabaron los hidratos de los spaguettis, ahora a tirar de grasas!”. Descoñezo as razóns científicas do chamado “muro”, pero comprobei nas miñas propias carnes os efectos do mesmo. Coa ralentización do ritmo Miriam tiña que ir agardadando por min e o amigo Suso Mon conectou con nós e díxonos: “Non me faledes, só pensade e seguídeme!” Iso fixemos. Iamos polo tramo do paseo marítimo de Barcelona.
 Así foi pasando o tempo. Miriam e Suso ata me axudaban para coller líquido nos avituallamentos. No km 35, chegando xa a Plaça Catalunya, despois de pasar por debaixo de Arc del Trioumf, comezoume a doer un pé e díxenlle a Miriam “Vou parar”. E Suso Mon díxome: “Non pares, non pares! Pensas que vas morrer, pero non vas morrer!” E fíxenlle caso, tanto caso lle fixen que nos plantamos na longa recta final da Av. Paral·lel, a pouco máis de 2 km da meta. Ata me daban pinchazos polo tronco adiante! Pero unha vez chegados a esta Avenida xa souben que o traballo estaba feito, xa me relaxei, recuperei a voz e ata un pouco os folgos. A escasos 400 metros para o final Suso retirouse como o fan as boas lebres, e Miriam e eu agradecémoslle fondamente a axuda prestada. Chegamos a Plaça Espanya e dobramos os últimos 200 m para chegar a meta. Démonos a man, encaramos os metros finais e cruzamos a liña de meta. Miriam ríndose e eu ca ledicia por dentro, pero desfondado. Despois de pasar o control de saída, onde che daban bebida, había unha zona de asfalto onde a xente se sentaba ou se deitaba directamente no chan. A preparación facía que non estivesemos totalmente desfeitos, pero acababamos de facer 42 km! en 4 horas e 4 minutos. A sensación de cansancio que experimentei nunca a tivera antes. Primeiro as ganas que tiñan os meus pés de liberarse das zapatillas, despois dos miles de impactos recibidos sobre o asfalto. Despois as ganas de tirarme no chan. Miriam sentouse á primeira, eu á terceira. Ás pernas e os xeonllos non querían dobrar. Non podía dobrar as pernas!
 A maratón ten muitos momentos emocionantes, cos sentimentos a fror de pel. O sinxelo feito de facela xa te emociona. Son varios os instantes en que as bágoas ameazan con aparecer polos ollos, reprimíndose despois. Por exemplo nos lugares onde había centos de persoas animando. Pero de todos eses momentos quédome co momento en que estando descansando no chan Miriam e eu chegaron Fer e meu pai, Ventura, e nos demos todos unha aperta, ca complicidade de ter cumprido o gran reto. Obviamente, e especiamente, emocionoume o abrazo co meu pai, o principal responsable de que estiveramos alí.
 Mención aparte merece Santi Coladas, que xogaba noutra división. Fixo un tempo de 3 horas 23 minutos, un tempazo que demostra a súa resistencia e calidade. Parabéns para el.
 Ben amigos e amigas, isto é o que hai. A pesar de que os últimos se fan duros, ben preparada a maratón é asequible e non chegamos a pasalo tan mal como para dicir que non voltamos. De feito, voltaremos. Xa hai data para o ano que vén, o 17 de Marzo de 2013, e temos que ir máis albións, máis riguiletes, e avisamos con tempo para que vos vaiades preparando. Para o ano a marea verde ten que dar que falar!
Mais fotos aquí.

jueves, 29 de marzo de 2012

Críticas en A Pontenova por la demora en apagar un fuego


El alcalde de A Pontenova, Darío Campos, criticó ayer la demora de los servicios de extinción de fuego de la Xunta al tardar cuatro horas, dice, en acudir a apagar un incendio forestal en A Pontenova.
Fue en la madrugada del pasado martes, ardieron unas cuatro hectáreas de monte y además una excavadora a consecuencia del fuego en la zona de Vilaodriz. Sí se presentaron al momento efectivos de Protección Civil de A Pontenova y la motobomba del propio Concello de A Pontenova que finalmente controlarían las llamas. Darío Campos reclamó más eficacia por parte de los euipos de la Xunta.

miércoles, 28 de marzo de 2012

RETA AO MUNDO, SALVA O PLANETA

Dende fai seis anos, centos de millóns de persoas de todo o mundo, empresas, gobernos e centros educativos unen as súas voces contra o cambio climático apoiando a maior campaña de sensibilización organizada por WWF: a Hora do Planeta.
Un grupo de alumnos e alumnas do "IES MONTE CASTELO" estamos a colaborar difundindo está mensaxe e tratano de poñer o noso pequeno gran de area para conseguir movilizar á maior cantidade de xente posible para este evento.
Polo que pedimos que colaboredes o día 31 de marzo de 20.30 a 21.30 e apagares a luz para encender o planeta.
Correo enviado a pontenova.es

Estas son as razons do BNG para ir a folga:

Correo enviado polo BNG de A Pontenova

Playa y sol en la comarca con Foz ‘ardiendo' a 24 grados

El de ayer fue uno de los días más calurosos en la comarca. En A Pontenova también se llegó a los 24 grados, mientras que en Burela el termómetro marcó 23 y en Viveiro 22. Hay que resaltar que en Foz, en los últimos cinco días, se sobrepasaron siempre los 15 grados de temperatura máxima, y esto cuando acaba de empezar la primavera. Por dar un dato, solo se sobrepasó en dos ocasiones la temperatura que dio hoy el municipio focense en julio del año pasado, en plena época estival.
 Foz registró ayer, junto a A Coruña, la temperatura más alta de toda la costa gallega. Foz se fue hasta los 24,4 grados mientras que la ciudad herculina llegó a los 24,8. Así, en las playas de Foz, como A Rapadoira y Llas, se podía ver a bastante gente paseando, tomando el sol y bañándose, si bien la temperatura del agua todavía no invita. No había un lleno, pero las temperaturas se podían comparar a los meses de junio o septiembre, lo que deja claro que este año hay un verano anticipado.
  Pablo Yáñez / El Progreso (Foz)

El censo de truchas en el Eo cayó un 150% entre 1996 y 2007, con el último recuento


21/03/2012
El número de truchas en el río Eo cae y cae de manera tan abrumadora que acabó por poner al borde de la extinción la otrora exitosa industria que se desarrollaba alrededor del deporte de la pesca. Según unos datos ofrecidos ayer por la diputada del PP Emma Álvarez, el censo de esta especie en el Eo cayó un 150% entre 1996 y 2007, cuando se hizo el último recuento. Concretamente, había 0,33 ejemplares por metro cuadrado inventariado y se pasó a 0.13. Todo indica que ahora es todavía menos.

Esta situación se llevó al Parlamento de Galicia a raíz de una propuesta del Partido Popular, que finalmente resultó aprobada con el apoyo de PSOE y BNG. Se acordó, según explica Emma ñÁlvarez, «realizar un estudo encamiñado a profundizar nas causas do descenso de poboación de troitas no río Eo, no seu tramo alto dende A Pontenova, e formular accións e medidas a realizar para cumprir coas condicións dos hábitats para o desenvolvemento da especie».

Como muestra de la necesidad de tomar medidas inmediatas, se pusieron sobre la mesa datos como que la Festa da Troita de A Pontenova llegó a superar los 90 kilogramos de ejemplares pescados, cuando el año pasado ese número superó los quince escasamente.

martes, 27 de marzo de 2012

Semana Santa 2012 A Pontenova


Incendio forestal en Salmean-Vilaoudriz

Esta pasada madrugada orixinouse un lume no monte que hai enfrente da Santa Apolonia do outro lado do río que quedou sofocado totalmente sobre a media maña. As orixes do lume aínda estan por determinar, pero todo parece indicar que se iniciu nunha máquina que estaba plantando o monte, aínda que pola hora aproximada que se iniciou o lume, as 4 da maña, a máquina xa debera ter enfriado do día anterior. Arderon duas parcelas de monte pinchado, unha que se estaba a plantar e outra que había pouco que se plantara. Os veciños de Vilaoudriz, xunto coa carroceta do concello e a carroceta da Xunta do noso veciño Pepe de Vilaeimil conseguiron mermar a forza das chamas xa a primeira hora da maña, ainda que non foi ata as 11 mais ou menos cando se deu o lume por extinguido. Podedes pinchar nas imaxes para velas ampliadas a gran resolución, e se volvedes a clicar unha vez aberta, podedes aumentar ainda mais.
 

Trabajadores que se ocuparán de los alojados en residencias de ancianos

El Gobierno gallego se ha propuesto garantizar la atención a los mayores alojados en geriátricos. Por ejemplo, en el único estrictamente público de la comarca, en el turno de mañana trabajarán once empleados; en el de tarde, ocho; y en el nocturno, dos. También ha marcado la plantilla mínima para la vivienda comunitaria de A Pontenova, donde deberá estar en su puesto un trabajador de servicios generales, a jornada partida. Y en la vivienda comunitaria de Alfoz, también a jornada partida, está previsto que esté operativo un gerocultor.

lunes, 26 de marzo de 2012

Cumple de Pepe, J. María, Esther, Isabel e Mª Carmen

Mónica Uría Suárez, de Vilameá, fainos chegar estas fotos feitas no Hotel Restaurante San Briz por esta cea de cumpreanos. Moitas felicidades a todos!



La línea eléctrica Boimente-Pesoz suma nuevas demandas


23/03/2012 - Pilar G. Cheda / El Progreso (Lugo)
El proyecto de Red Eléctrica Española (REE) para construir una línea de alta tensión entre Boimente y Pesoz sigue sumando movimientos en contra. Los últimos se han traducido en recursos contenciosos administrativos presentados por los concellos de A Fonsagrada y Santa Eulalia de Oscos, a los que se unirá en breve otro de A Pontenova.

Con estos procedimientos, los concellos piden a la Audiencia Nacional que declare contrario a derecho el proyecto de instalación de la línea eléctrica. Argumentan que su tramitación acumula varias irregularidades, como la ausencia de alternativas al trazado aprobado, y que se han desoído sus continuas reclamaciones por el impacto ambiental, económico y patrimonial que el tendido causará.
El Progreso

Fin de semana intenso para a A.D. Albións

Este pasado domingo 25 de marzo celebrábanse en Vigo e en Barcelona unha media marathon (21 kms) e marathon (42 kms)respectivamente.
En ambos casos houbo representación do club Albións da Pontenova.
Na media marathon Vigo-Baiona que vai desde a praia de Samil ata o centro urbano de Baiona estuvo Andrés Lombardero finalizando no posto 340 dun total de 4.400 atletas. Nesta proba tamén participou outro veciño da vila pero que pertenece o club atletismo Samertolameu de Moaña, trátase de Alfonso Coladas que quedou no posto 1.706.
No marathon de Barcelona que transcurre íntegramente polas rúas da cidade Condal houbo nada menos que 5 membros de Albións que finalizaron con éxito o total dos 42 kilómetros de que constaba a carreira entre unha participación de casi 20.000 corredores.
Foron Santiago Coladas (posto 3.052), Breogán Valcarcel (posto 10.520), Miriam Rivas (posto 10.521), Fernando Morado (posto 12.106) e Manolo Lastra (posto 12.107).

MÓNICA RANCAÑO ESIXE UNHA MUDANZA NAS POLÍTICAS SOCIAIS E DE EMPREGO DO CONCELLO

O BNG constata a fortaleza e o medre da afiliación na organización na Pontenova
 
Mónica Rancaño afirmou que "o Concello ten que operar como un axente económico máis, posto que na actual situación o sector público é central para a dinamización económica"
 
A Pontenova, 23 de marzo de 2012. O BNG mantivo unha xuntanza na tarde de hoxe do conxunto da afiliación da organización no Concello da Pontenova cunha representación da Executiva Comarcal a fin de definir o plano de traballo que os nacionalistas van levar adiante neste concello até o 25 de xullo e tamén para coñecer de primeira man as propostas que os órganos comarcais do BNG teñen pensado desenvolver nese período.
 
Segundo indicou a portavoz municipal do BNG na Pontenova, Mónica Rancaño, "é necesario unha mudanza nas políticas do Concello, particularmente no que ten a ver co aumento do gasto social e coa promoción do emprego. Nós pensamos que as administracións públicas, neste caso a local, non poden ficar á marxe cando tantos conveciños e conveciñas nosos están a enfrontarse ao drama do desemprego e cando as políticas de recortes están a provocar un aumento importante das desigualdades sociais dándose casos de auténtica exclusión social. Hai que reorientar as políticas de investimento por parte do Concello, comprometendo máis fondos para servizos que nun concello coma o noso son centrais, como é a axuda no fogar, e por suposto levar a diante un ambicioso programa de infraestruturas que a maiores de cubrir as demandas dos veciños do concello, incida tamén na creación de emprego. O Concello ten que operar como un axente económico máis, posto que na actual situación o sector público é central para a dinamización económica".
 
Xoán Estúa, vicerresponsábel comarcal do BNG, destacou "a fortaleza da organización local do BNG na Pontenova, do que é unha mostra o traballo desenvolto, pero de xeito moi especial, o significativo aumento de afiliación que se está a dar neste concello no último ano, onde destacan a incorporación dun número importante de persoas mozas e a inminente constitución da rama xuvenil do BNG, Galiza Nova, nesta localidade. Os nacionalistas apostamos dun xeito decidido pola Pontenova na dupla dirección de cumprir con este concello naquelas institución nas que temos responsabilidade de goberno mais tamén de achegar as demandas dos veciños e veciñas do mesmo a outras institucións onde contamos con representación, como é o caso do Parlamento Galego e as Cortes Xerais do Estado. Pénsese que desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborouse  con 4 asociacións deportivas e 5 entidades culturais deste concello pola vía de achega de liñas de financiamento a través de axudas en réxime de concorrencia competitiva. Por outra banda, hai que ter en conta as iniciativas presentadas tanto no Parlamento Galego como nas Cortes Xerais, onde destacaríamos as propostas de mellora do firme da N-640 ou do saneamento e recuperación do río Eo, presentadas por Francisco Jorquera".
 
Xa por último, os nacionalistas confirmaron a celebración dun acto de cara ao 14 de abril que ten como obxectivo homenaxear e lembrar a multitude de veciños deste concello represaliados polo réxime franquista, que converteron a Pontenova nunha das localidades de toda a Mariña máis golpeadas pola represión. "É esa Ponte Nova, republicana, operaria e de esquerdas da que nós, os militantes do BNG, nos sentimos herdeiros" - afirmou Mónica Rancaño, que a punto seguido indicou "que sobre esa semente, ese patrimonio de conciencia cívica, ese espírito rebelde, aspiramos a construír unha outra Pontenova diferente. En definitiva, sentímonos en débeda cos que nos precederon na loita, pero tamén queremos darlle continuidade a esa loita pola que no seu día represaliaron a moitos conveciños nosos".

Noticia enviada por Bloque Nacionalista Galego de A Pontenova

Esquela funeral Cesar Expósito Dasilva "Casa Xusto do Muiñovedro - Santa Marta" - Riotorto

Asturias y Galicia se hacen favores


Un grupo de jóvenes crea el Banco del Eo, que gestiona el tiempo del que disponen los vecinos de la comarca para cooperar entre sí

Vegadeo, 

T. CASCUDO 

Carlos Lombardía es informático y dispone de varias habilidades que está dispuesto a intercambiar, como conocimientos en nuevas tecnologías, realización de retoque fotográfico o ayuda en el montaje de materiales audiovisuales. No cobra por su ayuda, sino que la intercambia sin que medie un solo céntimo. Aquí lo que cuenta no es el dinero, sino el tiempo. Son las reglas del Banco del Eo, el primer banco de tiempo que opera en la comarca occidental. 

Su ámbito de actuación son los concejos ribereños del Eo, tanto en la zona gallega como la asturiana. Andrés González conoció hace unos meses la iniciativa y se planteó desarrollarla en su tierra. Así pues, convenció a un grupo de amigos, que desde octubre ensaya esta llamativa propuesta. 

Superada la fase de pruebas, la decena de participantes quiere abrir el banco a toda la comarca. Es la razón por la que han comenzado a divulgarlo a través de las redes sociales. Su página web es https://sites.google.com/site/bancodeleo/ y ahí figura el amplio listado de conocimientos que comparten: desde acompañante para un día de pesca hasta asesor de huerta o improvisado monitor de cocina. 

Xornadas Do Arroz A Pontenova

El número 5.322 ha sido el agraciado en el sorteo celebrado en el día de hoy en la Cafetería Rio Eo de A Pontenova. La papeleta para el sorteo del LOTE DE PRODUCTOS que regalaban los locales de hostelería de la villa ha sido entregada en el Café Bar Lennon por Esperanza Buide.

La unión no siempre hace la fuerza


La crisis ha reabierto el debate sobre la unión de los pueblos de menor entidad, a fin de evitar gastos innecesarios. Mientras Alfoz y O Valadouro deciden ahora si deben unificarse, cabe recordar que A Pontenova lo hizo hace hoy 49 años, mientras que Burela y Cervo se separaron hace 17.


El año que viene se cumplirán 50 años de una de las más antiguas fusiones de municipios de la comarca mariñana, la que unió, de forma oficial, el 20 de diciembre de 1963, a los pueblos de Villaodrid y de Puente Nuevo. La mayoría de los vecinos estuvieron de acuerdo con la unificación, que en gran medida, al igual que sucede con los tiempos que corren, tuvo las carencias económicas como telón de fondo.
El Progreso.

domingo, 25 de marzo de 2012

Artesanos de a Pontenova


El Superti firma su primer triunfo en el play off con una gran remontada

6
superti
 
5
vilamartín
 
Superti A Pontenova: Juanmi, Diego Lamas, Josiño, Edu, Pablo _quinteto inicial_. También jugaron Girón, Miguilla.
Concello de Vilamartín: Jovi, Juanma, Alfonso, David, Ramón _quinteto inicial_. También jugaron Carracedo, Leo, Manu, Pepe.
Goles: Diego Lamas (2), Girón (2), Miguilla y Pablo para el equipo local y Alfonso, David, Manu, Carracedo y Edu (p.p.) para los visitantes
Incidencias: Partido disputado en el pabellón de A Pontenova, ante unos 150 espectadores.
El Superti firmó su primer triunfo en el play off de ascenso a Segunda B gracias a una gran remontada. El conjunto que entrena Cadramón le dio la vuelta a un marcador adverso de 2-4 para acabar imponiéndose por 6-5 al Concello de Vilamartín y recobra sus opciones de unirse a la parte alta de la clasificación.

Arroces para mimar a la clientela, en A Pontenova

Arroces de todos los sabores, para todos los gustos. Es la propuesta gastronómica de los hosteleros de A Pontenova. Las primeras Xornadas do Arroz, organizadas por la Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (Acia) de esta localidad mariñana, arrancaron el viernes, con buena respuesta de la clientela, y prosiguieron ayer, con muy buen ambiente en los establecimientos.
Catorce locales en las Xornadas do Arroz
2En las Xornadas do Arroz participan 14 establecimientos de A Pontenova: el mesón A Mina, la parrillada Sarredo, el restaurante A Estación, la cafetería Casa da Cultura, el hostal río Eo, el hotel-restaurante San Briz y los bares Lennon, Benitos, Navia, Albino, Puente, Esquina, Montes y Barreiros.
Sorteo de un lote de productos alimentarios
Entre los clientes de estos locales durante las Xornadas del Arroz se repartieron papeletas para el sorteo de un lote de productos -vino, empanadas, embutidos, queso, café y una cena-, valorado en 600 euros.
Ricas y variadas tapas
El arroz ha sido el ingrediente estrella de las jornadas gastronómicas de A Pontenova. Cada local preparó tres o cuatro recetas diferentes para las tapas que sirvieron al público. La respuesta ha sido muy positiva, aseguran desde el Acia local.
Eva Montenegro, La Voz de Galicia

sábado, 24 de marzo de 2012

Cambio a HORARIO DE VERÁN

A noite de hoxe para mañá será unha hora máis curta, xa que ás 02:00h pasarán a ser as 03:00h para adaptarnos ao horario de verán!! Acórdate de cambiar o despertador, non vaias chegar tarde!!


Cea Xeración do 63

O día 14 de abril celebraremos a cea anual da xeración do 63, a ver si vos vades animando e cada ano vamos aumentando o nº de comensales, espero que así sea, eu creo que a maioría xa sabedes como poñervos en contacto, si non e moita molestia podedes chamar a Gaby (686175356) ou a Angeles (618715259). Agradecemos a colaboración de todos e espero que asistades todos os que poidades.
Avisaremos con antelación pa decir o sitio da cena e a hora.
Un saúdo pa todos.

2ª Cena da generación do 62

O vindeiro día 2 de Xuño celebraremos a segunda xuntanza da xeración do 62. Pa calquera pregunta que queirades facer poñerse en contacto con Millán, o telf e 659081620, mellor po las mañáns.
Falta por decidir o sitio pa celebración, pero en canto poidamos xa vo lo comunicamos.
Un saúdo e animarse pa celebrar o medio siglo.

O PP de A Pontenova denuncia o presunto trato de favor nos prazos de concesión de licencias de obras


O Partido Popular de A Pontenova quere denunciar o presunto trato de favor que reciben as solicitudes de determinadas licencias de obras. Así, segundo pode constatar o concelleiro do Partido Popular de A Pontenova Francisco Lombardero, algunhas licencias de obras se tramitan no prazo dun mes mentres outras tardan incluso máis dun ano en ser tramitadas.

O PP de A Pontenova non atopa  outra explicación lóxica a este feito que non sexa a de que o goberno do socialista Darío Campos non trata, presuntamente, igual a todos os veciños de A Pontenova, senon que “intenta favorecer” aos que considera os seus “amigos políticos”, sen importarlle os prexuizos que poden causar a outras empresas e particulares, que supón que non son afíns ao seu partido, estes retrasos inxustificados.

Con este feito, unha vez máis o PP de A Pontenova quere deixar constancia que este tipo de actuacións non veñen mais  que a poñer de manifesto a falta de transparencia e o “amiguismo” que impera na forma de gobernar do PSOE pontenovés.

Nota de prensa enviada por PP A Pontenova.

O BNG da Pontenova denuncia que o punto de atención á infancia municipal segue sen funcionar


O BNG da Pontenova reclámalle ao Goberno Municipal que axilice a posta en marcha do Punto de Atención á Infancia, que leva pendente desde o ano 2009.  O PAI que viría dar servizo a cativas e cativos de entre catro meses e tres anos, a día de hoxe está sen rematar. Trátase dun proxecto do ano 2009, e que supoñería a única alternativa para as nais e pais do Concello para deixar as súas fillas e fillos, xa que non hai ningunha outra oferta neste tipo de servizos na Pontenova.
Neste senso, desde o BNG da Pontenova tamén se denuncia a incompetencia do Concello a hora de xestionar as axudas públicas recibidas para poñer en marcha o PAI.  Segundo a súa voceira, Mónica Rancaño “o Concello perdeu máis de 9.000 € en axudas públicas para a posta en marcha do Punto de Atención a Infancia por non saber xestionar de maneira correcta o diñeiro público. “  
Desde o BNG da Pontenova pediránse explicacións no vindeiro pleno sobre estes erros que “farán que as veciñas e os veciños teñen que asumir ese sobrecuste, ata un total de 40.700 € para a posta en macha dun servizo esencial, que logo de case 3 anos segue sen funcionar, provocado pola falta de responsabilidade do Goberno de Campos”.


Nota de prensa enviada por Bloque Nacionalista Galego de A Pontenova.

viernes, 23 de marzo de 2012

Voluntarios de A Pontenova limpiarán 18 kilómetros del Eo


La Xunta accede a a la petición del CIT de encargarse de los trabajos y a cambio le dará el 30% de los cotos de Xinzo y Vilarmide.

La maleza invade y llega a cegar tramos del río Eo
 en el curso alto en A Pontenova.
 CARLOS FLORENTINO
El río Eo, el principal cauce truchero y salmonero de la comarca, presenta en algunos de los tramos de A Pontenova una imagen lamentable, con la maleza creciendo imparable y creando tupidos túneles por los que apenas entra la luz. El Eo sufre aún los efectos de la riada del 2010, cuando el agua arrancó ramas que se acumularon en los ribazos. La situación provocó no pocas quejas, por los problemas que pone la administración para autorizar que se toque y limpie el río, a pesar de que omite su propia responsabilidad de acometer estos trabajos. Pero esta situación va a cambiar porque la Xunta de Galicia ha modificado su criterio y accedido a la petición que le realizó el Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) de A Pontenova de encargarse de este trabajo.
El convenio, que el CIT ya ha firmado y que está a la espera de recibir de la Xunta, supone la cuadratura del círculo. La entidad pontenovesa se encargará de la limpieza de unos 18 kilómetros del cauce del Eo y, a cambio, recibirá de la Xunta la gestión del 30% de los cotos de Xinzo y Vilarmide. Sus socios podrán ocuparlos para pescar por una cantidad económica simbólica, según explicó el presidente del Centro de Iniciativas Turísticas pontenovés, Francisco Javier Rois. La Consellería de Medio Ambiente ahorra dinero, el CIT también y, de paso, el Eo mejorará sensiblemente su imagen.

La primera vez
«Pedimos permiso e a Xunta aceptou. Ímolo facer voluntarios, que limpiarán o río a cambio da comida, a bebida e o transporte. Estamos esperando a que a Xunta nos devolva o convenio para facer unha convocatoria pública. Temos de tempo ata maio», manifestó Francisco Javier Rois, quien destacó el cambio de criterio de la Xunta de Galicia: «É a primeira vez que imos facer este trabajo. Cartos, está claro que non hai moitos, e así axudámonos todos e o río sae gañando, que é o que importa».
reportaje pulso al estado del principal rio salmonero y truchero de a mariña
«Os socios e veciños que queiran limparán o río a cambio da comida, bebida e transporte» Francisco Javier Rois

jueves, 22 de marzo de 2012

Partido 3ª Division Futbol-sala Play off ascenso 2ª Divison B: SUPERTI A PONTENOVA-CONCELLO DE VILAMARTIN



Título

O BNG DA PONTENOVA PRESENTA UNHA MOCIÓN EN FAVOR DA FOLGA XERAL E PEDIRÁ O CAMBIO DE DATA DO PLENO


LOGOBNGO BNG da Pontenova presentou no rexistro do Concello unha moción que buscará o apoio do Pleno Municipal á folga xeral convocada para o vindeiro xoves, 29 de Marzo.
                Desde o BNG pontenovés, apúntase a que esta nova regulación laboral agora en vigor socava dereitos dos traballadores e traballadoras, actuando para iso sobre a rebaixa das indemnizacións por despedimento, a ampliación das facultades da empresa para ordenar modificacións discrecionais nas condicións de traballo e a devaluación da negociación laboral. Isto levará a unha maior precariedade e desregulación das relacións laborais, que conduzan a unha redución real das rendas salariais, que xa viñan sufrindo un retroceso antes e, sobre todo, despois do estoupido da crise fronte ás rendas de capital.
                Neste senso, tamén fixo chegar ao alcalde un escrito, onde se lle solicita que modifique a data do pleno ordinario que coincidirá con esa mesma data.
                Segundo a voceira municipal, Mónica Rancaño, “pediremos o cambio de data para que o dereito á folga das traballadoras e traballadores do Concello e dos cargos institucionais esté garantido”

La comarca tiene 143 aldeas abandonadas y más de 230 en riesgo de despoblación

En A Pontenova solo hay dos aldeas deshabitadas, las de Insua y Panturreira.
 La comarca tiene actualmente 143 aldeas sin habitar, según datos del Instituto Nacional de Estadística. Esta es una cifra muy alta si se tiene en cuenta el número de habitantes de A Mariña y, además, hay que añadir que hay 232 más en riesgo de desaparición, lo que quiere decir que en cada una de ellas reside solo uno o dos habitantes.
En toda Galicia hay 1.408 núcleos con estas características, representando las de la comarca el 9,94%. Esto se traduce en que A Mariña sufre mayor despoblación que el resto de la autonomía, una situación similar a la del conjunto Lugo, que tiene 611 localidades sin un solo vecino. La provincia lucense es también la que presenta una peor situación de las cuatro.
 Iago Casal / El Progreso (A Mariña)

Esquela aniversario Manuel María Prieto Leivas "Casa Manuel de Rafael - Val"

Esquela aniversario Dolores Villarino Marqués "Casa Alonso - Valindarcas"

miércoles, 21 de marzo de 2012

El Concello que nació de la mina y que unió a Vilaodrid y Vilameá


Un grupo de mineros comen sentados junto a un río. Es en el cañón del Eo. La imagen preside el bar Puente, uno de los más antiguos de A Pontenova. El propietario, Demetrio, lo recuerda y hace de cronista oficioso de este concello del interior de A Mariña. Cuenta que fue de esa mina con parada de tren, la de Vilaodrid, de la que nació primero el pueblo, Puente Nuevo, y luego el ayuntamiento, fundado a partir de la unión de Vilaodrid y lo que hasta 1950 era el concello de Vilameá. El matrimonio vino rodado. Fue justo en 1962 cuando nació.
«A primeiros do século pasado había dúas casas aquí, pero xa había uns mil mineiros traballando no ferro», explica. Eran de las aldeas de los alrededores, pero también de otros concellos de Galicia. Venían de Muimenta, de Meira... Ese desembarco, unido al desarrollo del tren que llevaba el hierro hasta Ribadeo, hizo que las viviendas fueran aumentando en torno al cañón del Eo.
Y llegaron los maragatos y empezaron a abrirse tiendas y bares. «A vila é relativamente nova», comenta el alcalde, Darío Campos. Ese desarrollo urbanístico se fraguó en territorio del viejo ayuntamiento de Vilameá, cuya economía de servicios se movía gracias a la mina excavada en la roca de Vilaodrid, justo en el otro lado del río. Todo estaba unido por un puente. «Había obreiros que viñan do outro lado e pola comida tamén traballaban aquí e fixeron esta bodega», explica el dueño del Puente. La bodega está excavada en la roca y tiene un tubo que ventila hecho también a mano. Las cabeceras de cada uno de estos dos concellos eran dos pequeñas aldeas ubicadas montaña arriba, a un kilómetro del río. Desde cada una de ellas podía avistarse la otra a lo lejos, en lo alto de la montaña, más allá del valle. La feria era en Puente Nuevo.

Tres coches implicados en una colisión por alcance en A Pontenova


Poco antes de las cinco y media de la tarde de ayer fueron alertados los servicios de emergencia de una colisión con tres coches implicados en el casco urbano de A Pontenova y, como consecuencia de ella, de una persona herida de carácter leve.
Al parecer, el choque se produjo a la altura del punto kilométrico 37 de la N-640, frente a un supermercado. Señala un vecino que el coche que circulaba delante frenó antes de llegar al paso de cebra y, al detenerse, chocó contra él el que le seguía y luego colisionó otro más que iba detrás. Parece que a uno de los involucrados le colocaron un collarín.

La Xunta estudiará las causas de la reducción de las truchas en el Eo


20/03/2012
Los votos del PPdeG en solitario han servido este martes para aprobar una proposición no de ley, en la comisión parlamentaria de agricultura, con la que insta a la Xunta a elaborar un estudio sobre las causas del descenso de población de truchas en el río Eo a su paso por A Pontenova (Lugo). 
La iniciativa pide, a partir de este análisis, "formular acciones y medidas" para cumplir con las condiciones de los hábitat "para el desarrollo de la especie".

Durante el debate del texto, que defendió la popular Emma Álvarez Chao, la diputada nacionalista Tereixa Paz consideró que "no se justifica ambientalmente que se haga un estudio solo de una parte del río", ya que "cualquier alteración afecta al conjunto". La parlamentaria socialista Carmen Gallego compartió "la preocupación" sobre esta bajada en el número de especies pero recordó que "existe un plan de ordenación de los recursos" y criticó la "eliminación de presupuesto" de la Xunta dedicado a erradicar especies invasoras.

Álvarez Chao señaló a Gallego que el plan de ordenación "es del año 2007" y, "como otros" textos del Gobierno bipartito, "no se llegó a aprobar", por lo que "no tiene carácter legal y por eso no se está aplicando". En relación con la petición del Bloque, la autora de la proposición no de ley ha afirmado no considerar "prioritario" estar haciendo estudios de todas las especies y, en el caso concreto del salmón, defendió que está "suficientemente estudiado".

SPORTING PONTENOVA 2011/2012



A situación non é sinxela, os xogadores necesitan do teu apoio...

Día internacional de la eliminación de la discriminación racial


martes, 20 de marzo de 2012

¿quen sabe o pobo que está no fondo?

Estas duas fotos foron tomadas hoxe, a primeira as oito da maña e a segunda as sete da tarde dende o mesmo sitio, ¿Quen sabe onde?

El campanu se soltó en El Louredal

La jornada de pesca de ayer, la segunda tras la apertura de la veda, se saldó sin ninguna captura en el Eo. El campanu, el primer salmón de la temporada, sigue resistiéndose, si bien ayer estuvo a punto de picar en el coto de El Louredal, uno de los que figura en las apuestas de los aficionados para dar el campanu. Un hermoso ejemplar ?según las fuentes consultadas podría rondar los siete kilos? le picó a Leonardo Castelo, pero cuando lo iba a coger y sacar a tierra se soltó. Una lástima, pues podría animar la pesca en el Eo, que ayer estuvo claramente de capa caída, con muy pocos pescadores tras una primera jornada -la del domingo- en la que se ocuparon apenas el 50% de los cotos.
«Se ven salmones, pero la cosa está parada. A ver si pica el primero y la gente se anima», manifestaba ayer un guardia de Medio Ambiente del Principado.
Con el cauce del Eo bajo mínimos sigue habiendo muchos zancados, los salmones que regresan de desovar y que está prohibido pescar. Ayer, por fortuna, se capturaron menos que en la jornada dominical. Hoy, los pescadores lo intentarán de nuevo en el Eo.
La Voz de Galicia

XXXIV Festa Da Troita 1 de Maio do 2012

O proximo día 16 de abril das 21:00h as 22:30 comenzará a inscrición para apuntarse para a XXXIV edición da Festa da Troita para as modalidades de: Cebo, mosca seca, juvenil y cucharilla. Non te olvides, porque o cupo de pescadores esgotarase ese mesmo día.
Para anotarse chamar ese día nos numeros de teléfono: 982 34 26 19 , 636 47 61 32 e 620 9684 48
.
Recordade que a Festa da Troita 2012 celebrarase o vindeiro  Luns Día 30 de Abril coas orquestras Solara e Trebol e o  Martes Dia 1 de Maio con Capitol e Lucía Perez.

CIT A Pontenova

O CIT de a Pontenova acaba de firmar o convenio para a limpeza do Rio Eo con Medio ambiente, estamos a espera de que nolo devolvan firmado polo conselleiro. Para iso necesitamos voluntarios que nos boten unha man, axudanos e coñeceras as increibles paisaxes que ten o teu Rio Eo.
O CIT conseguirá material de limpeza, comida, bebida e transporte. Para apuntarse chamar o numero de telefono de Taracho: 636476132. Animate a colaborar coa xente que xa está anotada, o Queito, Ramon o médico, Pepe de Linares, Juan de Foxas, Xoel, Javi Mendez, Javier Veiga, Xubin, Argemiro, Josin, Ventura etc....
Ver o borrador presentado en Medio Ambiente aqui e a nova na Voz de Galicia.

lunes, 19 de marzo de 2012

Xornadas do arroz 23 e 24 de marzo.


XORNADAS DO ARROZ
   LOTE DE PRODUCTOS (SORTEO 25/03/12)               
COLOBORADOR
PRODUCTO
LOCAL COMERCIAL
CAFÉS O QUENDO
1 KG. CAFÉ + TAZA
BAR BENITOS
DISTRIBUCIONES MIRANDA
24 BOTELLAS ESTRELLA ESP. NAVIDAD
BAR NAVIA
DISTRIBUCIONES MIRANDA
24 BOTELLAS ESTRELLA ESP. NAVIDAD
BAR ALBINO
DISTRIBUCIONES MIRANDA
MAGNUN BOUZA DO REI GRAN RESERVA
BAR BENITOS
PANADERÍA LINARES
1 EMPANADA MEDIANA
BAR BARREIROS
PANADERÍA DO MAZO
2 BOLAS DE TORREZNOS
MESÓN A MINA
ALDEA GALLEGA
3 POLLOS FRESCOS
MESÓN A MINA
FRIPOR
1 LACÓN SALADO
MESÓN A MINA
FRIPOR
2 KG. CHORIZOS
MESÓN A MINA
RESTAURANTE A ESTACIÓN
1 CENA PARA 2 PERSONAS
REST. A ESTACIÓN
IFA
2 BOT. HACIENDA ELSA MENCIA
CAFET. RIO EO
IFA
1 BOT. RON AÑEJO ANGOSTURA
CAFET. RIO EO
IFA
MAGNUM VERMOUTH MARTINI ROJO
BAR PUENTE
EL TESORO
MAGNUM RIOJA EDULIS
CAFET. RIO EO
EL TESORO
6 COPAS BOMBAY SAPPHRE
CAFET. RIO EO
LUCUSVIM (J. ÁNGEL LAMAS)
2 BOTELLAS ALBARIÑO TRISKEL
BAR MONTES
LUCUSVIM (J. ÁNGEL LAMAS)
2 BOTELLAS R.D. RIVENDEL
BAR MONTES
LUCUSVIM (J. ÁNGEL LAMAS)
1 ESTUCHE 3 BOT. ESPUMOSO REYMOS
BAR MONTES
LUCUSVIM (J. ÁNGEL LAMAS)
2 BOTELLAS RIOJA ROSADO BAIGORRI
BAR MONTES
LUCUSVIM (J. ÁNGEL LAMAS)
2 BOTELLAS BIERZO TENOIRA
BAR PUENTE
LUCUSVIM (J. ÁNGEL LAMAS)
2 BOTELLAS RIOJA ONOMASTICA
BAR PUENTE
LUCUSVIM (J. ÁNGEL LAMAS)
2 BOTELLAS MENCIA VENTURA
BAR PUENTE
LÓPEZ FREIRE
2 MAGNUM RIOJA OLAGOSA CRIANZA 2006
HOTEL SAN BRIZ
DISTRIBUCCIONES GASOLIN
1 CAJA SHANDY (24 BOTELLAS)
HOTEL SAN BRIZ
DISTRIBUCCIONES GASOLIN
12 BOTELLAS RIBEIRO SOÑAL (1 CAJA)
BAR ESQUINA
CRISTO DISTRIBUCCIONES
6 BOTELLAS CONDADO DE ORIZA RIB. DUE
HOTEL SAN BRIZ
JESÚS CABODEVILA(RENNY PICOT)
1 QUESO GRAN RESERVA
BAR MONTES
CASA DA CULTURA
MAGNUM ALBARIÑO MARTIN CODAX
CASA DA CULTURA
DISTRIBUIDORA LUCENSE
1 SOMBRILLA NESTLE
CASA DA CULTURA
FREBAS
1 CABEZA DE CERDO SALADA
MESÓN SARREDO
FREBAS
1 BOTELLA RIOJA SAN CEBRIN
MESÓN SARREDO
FREBAS
1 BOTELLA RIOJA CONDE DEL DONADIO
MESÓN SARREDO
MESÓN SARREDO
4 BOTELLAS BRISEL VALDEORRAS
MESÓN SARREDO
BAR NAVIA
1 BOTELLA CHAMPANG FREIXENET
BAR NAVIA
EL GLOBO
1 KG. CAFÉ
BAR NAVIA
MASEDA
2 KG. CAFÉ BOU
BAR LENNON
LENNON DISTRIBUCCIONES
ESTUCHE 3 BOTELLAS
(ALBARIÑO SEÑORIO DE LAZOIRO)
(RIBERA DEL DUERO CATANIA)
(RIBEIRO CONDE LAGARIÑOS)
BAR LENNON
LENNON DISTRIBUCCIONES
1 BOTELLA CREMA ORUJO TERRAE
BAR LENNON
CAFES CANDELAS
CAFÉ
BAR ESQUINA



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.