lunes, 13 de octubre de 2014

ADRIAN PASARÍN COLOCA O SPORTING LÍDER


SEGUNDA CATEGORÍA REXIONAL

C.D. AFOZ 0  - SP. PONTENOVA 2

Sp. Pontenova: Rubenon, Luisin (Villaouruz), Anxo, Bruno, Villi, Maketo (Garboso), Ivan Fernández (Jorge), Tontxu, Puente (Keitas), Venancio (Caseto) e Adrian Pasarin. 
Goles: Adrian Pasarin (II)

O equipo senior trouxo tres importantes puntos da súa visita o Municipal de Alfoz. Adrian Pasarin foi o gran protagonista do encontro, anotando os dous tantos do equipo. 

Plantábase en Alfoz o equipo, terceiro clasificado, con catro triunfos nos últimos catro partidos, coa baixa o zagueiro Arango por motivos académicos e de Fran e Carlos por lesión, pero o equipo unha vez mais deu a cara, e conseguiu gañar un partido dificil, ante un rival que se xogaba a vida e que lle puxo as cousas moi dificiles o equipo de Dani Moirón.

Na primeira metade reinou a igualdade durante a primeira media hora, ata que o equipo gualdinegro se situou no terreo de xogo, e colleou o ritmo do encontro. Chegaríase o tempo de lecer co resultado inicial.

Tras o paso polos vestiarios, o equipo saiu decidido a polo partido, no minuto 50 Ivan Fdz era sustituído por lesión por Jorge Moirón. Éste sería un dos protagonistas do primeiro gol, tras unha parede con Adrian Pasarín que o punta Asturiano enviou a gol axustando o balón a base do pao nun tiro dende fora da área. 

O equipo seguia xerando perigo, ante un Alfoz que apenas inquietaba, e xa no minuto 85, un rexeite cazado por Jorge, no que o porteiro fai unha gran parada, Puente erra o rexeite pero Adrian Pasarín en liña de gol sentenciaba o encontro. 

Gran afluencia de público pontenovés no Municipal de Alfoz, para disfrutar da victoria do seu equipo. 

Con este resultado o equipo colócase lider en solitario da clasificacion con 15 puntos, ao mesmo tempo que é o equipo da categoría con menos goles encaixados, so 3 en 6 partidos.

A vindeira xornada visita o Campo da Mina a S.D. Pol, o partido será o domingo as 16:30h


PRIMEIRA AUTONOMICA XUVENIL

SP. PONTENOVA 1 - VIVEIRO C.F. 3

Sp. Pontenova: David, Cubelas, Álvaro, Roi, Juan, Ivan, Borja, Rodrigo, Oscar, Jose Luis e Javi. Tamen Xogaron: Mateo, Raúl, Trulli, Marcos e Adrian. 
Gol: Roi

O Sporting Pontenova Xuvenil non puido co líder da categoría a pesar de facer un dos mellores partidos da temporada.  O equipo, que contaba para este encontro con importantes baixas pola problemática da tramistacion das fichas dos xogadores extranxeiros na Federacion Española de Fútbol caeu dignamente ante un Viveiro superior.

A vindeira xornada o equipo desprázase a Cidade do Landro para medirse esta vez a S.D. Viveiro. 

CATEGORÍA VETERANOS

SP. PONTENOVA 0 - S.D. BURELA 2


Sp. Pontenova: Manolo Rodriguez, Marino, Petete, Martin, Ramon O Tren, Manolo Gavelo, Dario Campos, Juanfri, Ramon Xudan, Javi Goá e Suso Folgueirua. Tamen xogaron: Oscar Veiga, Nihat e Juan Cainzos. 

O equipo de veteranos, que está rematando a Liga do Norte de Veteranos non puido coa S.D. Burela no Campo da Mina. O partido puxose axina de cara para os visitantes marcando o 0-1, sentenciando o partido na segunda metade. 

Hacia o final do encontro o partido volveuse bronco, con unha gran tangana que se saldou con dous expulsados, pero a cousa non foi a mais. 

A vindeira xornada o equipo ten que desprazarse a Coaña (Asturias) para medirse a U.D. Castros. 

 ¡AÚPA SPORTING!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.