jueves, 21 de febrero de 2013

Esquela aniversario Angustias Goyos Rivas "Casa da Fraga - Ferreiravella"


Esquela aniversario María Rodríguez Lombardero "María de Navais - Villameá"


Esquela aniversario Jesús Fernández Conde "Casa Vidueiro - Aldeguer"


Fotos Antiguas de Marisol de Yrene de Xudan


Recordatorio para as Asociacións de A Pontenova

Estase achegando a primavera e sería bo que as distintas asociacións do pobo vaiades insertando as datas nas que tedes algun evento no calendario para non coincidir varias cousas no mesmo día.

O BNG DA MARIÑA CONSIDERA LAMENTÁBEL QUE OS ALCALDES DO PP DA COMARCA ESTEAN MÁIS PREOCUPADOS POLO SEU SALARIO QUE POR DEFENDER OS SEUS CONCELLOS


Antonio Veiga pide aos responsábels do PPdeG que se pronuncien sobre as declaracións de rexedores municipais dispostos a deixar a política se se lles baixa o salario 
“O problema da reforma da administración local proposta polo Goberno central non é a redución salarial aos alcaldes senón que limita o desenvolvemento económico e social dos concellos”
A Mariña, 19 de febreiro de 2013.  O responsábel comarcal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) na Mariña, Antonio Veiga, critica a actitude dos alcaldes do Partido Popular ante a reforma da administración local proposta polo Goberno do Estado que contempla a redución dos soldos dos rexedores municipais e pide aos dirixentes do Partido Popular de Galiza que aclaren se apoian as afirmacións dos alcaldes dispostos a deixar a actividade política se se lle toca o seu salario.

Para Veiga estas ameazas dos alcaldes populares da Mariña son “lamentábeis e un insulto a todos os mariñáns, máis nun momento de forte recesión económica que está deixando a milleiros de desempregados na comarca, a familias con todos os seus membros en paro que non reciben ningunha axuda e a todos os traballadores que ven como diminúe a súa renda de traballo polos recortes salariais e medidas como a suba de impostos e o copago nos servizos públicos. Afirmar que un é alcalde porque permite manter un determinado nivel de vida e que se lle reducen o salario terá que cambiar de actividade porque non lle permitirá mantelo, é a confirmación de moitas sospeitas que alertaban, xa hai tempo, da falla de vontade de servizo público dos rexedores populares. Estamos ante declaracións indignas de representantes do pobo que deben pór os intereses dos cidadáns por riba dos intereses persoais”.

Dende o Bloque insístese en que a reforma proposta polo Goberno central recolle modificacións de maior gravidade para os concellos que o soldos dos alcaldes, que deberían estar defendendo a xestión das entidades locais e estar demostrando o seu rexeitamento cara a ofensiva unificadora emprendida polo seu propio partido, que pretende baleirar de competencias aos concellos e dificultar a prestación de servizos públicos camiñando cara a súa privatización.

Antonio Veiga conclúe que “o BNG seguirá denunciando a proposta de reforma en canto limita o desenvolvemento económico e social dos concellos, decreta o desequilibrio territorial consolidando veciños de primeira e de segunda atendendo ao concello no que vivan e intensifica as diferenzas entre o rural e o urbano, consolidando unha institución decimonónica como as deputacións. Oxalá víramos aos rexedores do Partido Popular defender a sanidade e a educación pública e rexeitar os recortes en servizos sociais coa intensidade coa que defenden os seus salario”.


Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.