lunes, 13 de marzo de 2017

SPORTING PONTENOVA. A XORNADA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 6

SPORTING PONTENOVA 5 - E.D. LOURENZÁ 4

A. Pasarín  autor dun Hat-trick
Sp. Pontenova: Rubén, Davicín, Mac (Moro), Héctor, Villi, Roi, Andres Bouza, Carlos, Tontxu,(Borja), Adrian Pasarín e Matelo.

Goles: Adrian Pasarín III, Andrés Bouza e Moro.

O Sporting Pontenova mantén 5 puntos de vantaxe á fronte da táboa con respecto ao Xermade despois de vencer onte na casa ao Lourenzá nun partido moi igualado e de máxima rivalidade. a primeira parte foi de claro dominio visitante, que se chegou a poñer 2-0 no marcador con goles de Manuel e Ivan Recalde. Adrían Pasarín recurtaría distancias de falta directa pero de novo Manuel poñia o 1-3 para o Lourenzá antes do descanso.

Xornada 25. Resultados e Clasificación

Na segunda metade saíu mellor o Pontenova que empatou a tres aos 20 minutos grazas a un gol de xogada persoal de Adrián Pasarín e a un remate de cabeza de Andrés bouza a saída dun córner. Á media hora volveu aidnatarse o Lourenzá, de novo por medio de Manuel, pero no último cuarto de hora o Pontenova deulle a volta ao partido cun gol de Adrián Pasarín  de falta e un de Moro nunha xogada persoal dentro da área. 

Gran ambiente o que se puido ver no Campo da Mina, numeroso público dos dous equipos que se deu cita pra presenciar un dos mellores partidos que se pode ver nesta categoría e que sen dúbida nesta ocasión non defraudou. 

A vindeira xornada o equipo dirixido por Dani Moirón visita o Campo da Valgas, para enfrontarse ao todopoderos Iberia C.F., nun partido que terá lugar na tarde do Domingo. 

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

SPORTING PONTENOVA 4 - E.D. LOURENZÁ 2

Sp. Pontenova: Diego, Dani Petre, Alberte, Alvaro, Fran, Roi, Pedro Neira, Mateo, Andrei, Ivan e Juan. Tamen xogaron: Pedro Vadin, Marcos, Joselu, Anxo e Raúl.

Goles: Andrei II, Roi e Dani Petre.

SEGUNDA ALEVÍN F-8

RACING VILLALBÉS "B" 4 - E.D.M. A PONTENOVA/SP. PONTENOVA 3

E.D.M. A Pontenova/Sp. Pontenova: Paulo, Marcos, Samuel, Iago, David, Paula, Mario e Leandro. Tamen xogaron: Ismael, Ruben e Bruno.

Goles: Ruben II e David.

¡AÚPA SPORTING!

O CASADO CASA QUER por JL. Lilo (2ª escena)

El Desafio Volta Lugo 2017 ya tiene fechas (pasará por A Pontenova)

El Desafio Volta Lugo 2017 ya tiene fechas

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.