lunes, 24 de abril de 2017

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

SPORTING PONTENOVA 5 - MEIRA F.C.  0

Xornada 30. Resultados e Clasificación Oficial

Sp. Pontenova: Ruben, Luis (Cristian), Álvaro (Mac), Héctor, Tontxu, Andres Bouza. Borja (Roi). Jorgín (Moro), Carlos (Puente), Adrian Pasarín e Matelo. 


Goles: Jorgín, Matelo, Adrian Pasarín, Puente e Propia Porta.

O Sporting Pontenova acaba a temporada como CAMPIÓNS da categoría ao gañar ao Meira, que se xogaba evitar o descenso e queda agora terceiro pola cola pendente dos posibles arrastres que se poidan producir desde Preferente e Primeira Autonómica.

O encontro estivo dominado completamente polos locais que sen embargo marcharon ao descanso cunha diferenza mínima (1-0), un gol obra de Jorge no minuto 24 nunha xogada combinada na que rematou a escadra. O Meira dispuxo dunha clara ocasión para empatar ao bordo do descanso. Tras un erro local en defensa, o dianteiro visitante Dan Ionut logrou disparar pero o seu tiro parouno o porteiro do Pontenova Rubén

Na segunda metade o Meira non creou perigo e o Pontenova foi aumentando a súa renda. O segundo tanto foi obra de Matelo en xogada persoal, o terceiro de Puente logo dun saque rápido dunha falta que o deixou só ante o porteiro e o cuarto de Pasarín de tiro desde a frontal. O último gol foi en propia porta. 

Con este partido, remata unha temporada histórica para o Sporting Pontenova, na que conseguiu o ascenso de categoría 20 anos despois e na tarde de onte proclamábase tamen Campión de Liga.

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL (2ª FASE)

U.D. PASTORICENSE 2 - SPORTING PONTENOVA 2

Sp. Pontenova: Cubelas, Alberte, Juan, Álvaro, Anxo, Roi, Fran, Pedro Vadin, Andrei, Mateo e Dani. Tamen xogaron: Marcos e Joselu.

Goles: Roi e Fran

SEGUNDA ALEVÍN NORTE F-8 

E.D.M./SPORTING PONTENOVA 1 - RACING VILLALBÉS "B" 3

E.D.M./Sporting Pontenova: Paulo, Marcos, Samuel, Ismael, David, Paula, Mario e Leandro. Tamen xogaron: Iago, Rubén e Bruno.

Gol: Mario

¡AÚPA SPORTING!

RECORDATORIO: Cea Escudería A Pontenova

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.