lunes, 7 de abril de 2014

S.D. Albións en Vigo e París


Este pasado domingo 06/04/2014 celebrábase a Media Marathon Vig-Bay que vai desde a Playa de Samil en Vigo ata Baiona con máis de 5.000 corredores inscritos. Para aló foi unha boa representación da S.D. Albións da Pontenova encabezada coma sempre por Manolo Ventura, ca compañía de Mirian RivasBegoña AlonsoAndrés Lombardero (aínda que na clasificación aparece como Ramón Larrea o atleta era Andrés), Mateo Cabodevila, Pablo Corveiras e Javier Rico (Santalla)

Por outro lado, e o mismo domingo tamén se celebrou a 38 edición do Marathon de París na capital francesa donde tamén había un Albión correndo. Santi Coladas, que rematou no posto 2.960 dun total de 40.000 atletas que finalizaron a proba.


Esquela funeral José Fiallega García "Casa José do Monxo - Vidueiras" - Mondoñedo


Nota CEIP Plurinlingue De A Pontenova

Durante o presente curso no CEIP PLURILINGÜE DE A PONTENOVA estamos a levar a cabo un Proxecto Documental Integrado titulado COMUNICANDONOS A TRAVES DA PINTURA: PINTANDO O MUNDO. Neste proxecto trabállanse específicamente catro pintores. Miró, Dali, Van Gogh e Picasso, un por ciclo Todas as actividades que se organizan no centro durante o presente curso xiran en torno a esa temática (os disfraces do entroido, os murais, a decoración do centro, etc.)
E para deixar constancia deste proxecto pintamos un mural na parte exterior do centro. Este mural é una "mezcla" de obras representativas dos catro pintores reseñados, cun toque persoal dos nenos e nenas do noso colexio.

Jorge García
Director
www.ceipapontenova.blogspot.com

SPORTING PONTENOVA. A XORNADA

SEGUNDA CATEGORIA REXIONAL

O SPORTING CAE A POSTOS DE DESCENSO "POR ARRASTRES"

C.D. Santaballés 3 - Sporting Pontenova 2

Sp. Pontenova: Juan, Otto (Keitas), Arango, Manu, Villi, Patxi (Villaouruz), Rivas, Ivan Fdz, Tontxu, Jorge e Puente.
Goles: Jorge e Ivan Fdz

O Sporting volveu de vacio de Santaballa, logo de facer un partido moi serio e ir por diante, ata en duas ocasións no marcador.

O equipo de Dani Moirón viaxaba a Santaballa plagado de baixas, con so 13 xogadores dispoñibles dos 26 que ten no seu plantel.

O partido comenzaba ben para os intereses gualdinegros, os 20min, Jorge nunha boa xogada poñia o 0-1, pero ao borde do descanso, unha falta lonxana que parecía que non tiña perigo, convertíase no 1-1.

A volta do descanso, no ecuador da segunda metade Ivan, de penalti establecía o 1-2. Chegaría o Sporting con ese resultado ao min 38 da segunda parte, pero o C.D. Santaballés conseguiría darlle a volta o marcador, primeiro nunha boa internada pola banda esquerda e o gol da victoria, no minuto 47, outra vez logo dunha rexeite nunha falta lonxana.

Con esta derrota o equipo cae a postos de descense por arrastres. Quedan dous partidos, que o equipo debe afrontar como finais, se non quere descender de categoría. 

O proximo partido será o vindeiro domingo 13 de Abril as 17:00h no Campo da Mina. O equipo xogase todas as opcións de seguir na categoría en dous partidos. 

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

O SPORTING VESE SUPERADO POR UN BO SAN CIPRIAN 

C.D. San Ciprian 7 - Sporting Pontenova 1

Sp. Pontenova: Borja Rodriguez, Juan, Andrei, Borja Lombardero, Roi, Rodrigo, Ovidiu, Bruno, Villarquide, Cubelas e Carri. Tamen Xogaron: Adrin, David, Trulli e Josito.
Gol: Villarquide

O equipo xuvenil viuse superado por un San Ciprian mellor, que a media hora xa gañaba por 3-0. 

O equipo gualdinegro está pagando a súa inexperiencia na categoría, pero seguramente se esté preparando un boa xeración de futbolistas que a ben seguro nos darán moitas tarde de ledicia.

O vindeiro compromiso do equipo de Andres Bouza, será o proximo sabado 12 de Abril en Mondoñedo contra as E.D. Lourenza, dando comezo a segunda volta da previa da copa.

¡AÚPA SPORTING!



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.