A exposición itinerante, realizada pola
Asociación Mariñapatrimonio, sobre a industria do ferro
chega a Riotorto onde vai estar aberta na Casa da Cultura deste concello
até o día 23 de abril.
A mostra, que leva por título “ A
industria do ferro no norte de Lugo e no occidente astur”, recolle a
orixe e a evolución histórica do traballo do ferro nesta zona, os
lugares de extracción e traballo ( explotacións mineiras, ferrarías,
mazos e forxas), a elaboración de obxectos de corte e tres lugares
sobranceiros na dedicación á manufactura de obxectos de ferro: A
Pontenova, Riotorto e Taramundi.
A exposición estará aberta aos
visitantes de 9:30 a 14 horas e de 16:30 ás 20 horas na localidade de
Riotorto que este domingo celebra a cuarta edición da Feira da Artesanía
do Ferro.