jueves, 27 de noviembre de 2014

Concello de A Pontenova. Contacto, teléfono.










TELÉFONO:  982 34 22 77

EMAIL:  correo.apontenova@fegamp.gal

Teléfono Concello de A Pontenova. Telefono Ayuntamiento de A Pontenova. Contacto A Pontenova. Concello da Pontenova. Teléfono Concello da Pontenova. Pontenova.

SPORTING PONTENOVA. A XORNADA



SI, SI, SI... ¡O PARTIDO DO FOZ XA ESTÁ AQUÍ!

¡AÚPA SPORTING!

ASÍ FALA O CRACK GUALDINEGRO...

Adrián Pasarín recalou esta tempada na Pontenova

Adrián Pasarín: “A experiencia está a ser estupenda”

Adrián Pasarín, tras unha vida ligado ó Astur Vegadense, onde pasou por todas as categorías, e tras rexeitar proxectos interesantes como Tapia, Navia..ós seus 31 anos decidiu probar sorte no fútbol lucense, noSporting Pontenova. Está a ser un dos xogadores máis destacados naSegunda Autonómica Norte e cóntanos as súas impresións do que está a ser este curso futbolístico.
A pasada xornada derrota ante o Lourenzá por 4-2, que lle faltou ó equipo para sacar algo positivo do encontro?
Contra o Lourenzá faltou actitude, garra, disputa, xustamente o que tiveron eles. Cando nos dimos conta perdiamos 2-0.
Son xa seis xornadas sen coñecer a victoria, preocupa isto no vestiario?
Non gañar preocupa, claro que si. Creo que vai sendo hora de aprender dos erros e darlle a volta a tortilla se queremos estar arriba.
Aínda así o comezo da Pontenova foi moi positivo, estades satisfeitos co rendemento no que vai de tempada?
Satisfeitos estabamos cando éramos líderes, un equipo que este satisfeito cando non gana nunca chegará a nada.
Este fin de semana recibides a un dos históricos do fútbol lucense, o CD Foz, que encontro agardades?
Xa xoguei algún amistoso contra o Foz no meu anterior equipo, gústalles xogar ó fútbol, algo impensable por como está o terreo de xogo tras tanta choiva.
O estado do terreo de xogo non está a acompañar moito, como levades esa situación?
O estado do terreo de xogo é regular e creo que a ninguén lle gusta xogar así, pero é o que toca.
Con que obxectivo iniciastes a tempada?
O Obxectivo dun equipo que leva salvándose nas últimas xornadas esta claro que é a salvación, pero a ninguén lle amarga un doce.
Transcorrido case a metade do campionato, segue a ser o mesmo?
Visto que nos podemos meter, claro está que vamos tirar para adiante, a onde cheguemos, pero unha vez coa permanencia na man, será o momento de disfrutar.
A nivel persoal estás a ser o referente goleador do equipo e tamén un dos máximos goleadores da categoría, satisfeito?
Estou satisfeito de poder aportar algo positivo ó equipo, con esa intención me ficharon.
Márcaste algunha cifra goleadora como obxectivo para esta tempada?
Non me marco ningunha cifra.
Recálache esta tempada no fútbol Lucense tras a túa estancia no Asturiano, aínda que son categorías distintas, ves similitudes entre os dous?
É un fútbol diferente, en Asturias exércese máis presión en ataque, aquí é un fútbol máis físico. Pero estou disfrutando, ademais hai uns campos impresionantes.
A tempada pasada fixestes unha gran tempada na Primeira Rexional Asturiana co Astur Vegadense, por que decidiches cambiar de aires e asinar na Pontenova?
Non cambiei por nada en especial, simplemente por probar, era agora ou nunca.
Como está a ser a experiencia no novo club?
A experiencia está a ser estupenda, coñecín a un grupo incrible.
Como te describirías como futbolista?
Son un xogador loitador ó que lle gusta correr e sobre todo gañar, ata nos adestramentos.
¡AÚPA SPORTING!

Taller para niños.


Vecinos de A Pontenova mantienen el pulso con el Obispado y convocan otra concentración.

Pese a las llamadas a la prudencia y a la cordialidad del Obispado y pese a sus advertencias de que suspenderá las misas -excepto los funerales- en el caso de que haya protestas, un grupo de vecinos de A Pontenova se mantienen firme en su demanda de exigir el cese del párroco que atiende la mayoría de parroquias, Xosé Anxo Fernández, a raíz de la polémica suscitada por la restauración de la imagen de Nosa Señora de Conforto. Tras varias protestas en diferentes templos, ahora se llevará a la capital de la villa: A Pontenova. Será el domingo, a las 12.00 horas, delante de la iglesia.
La Voz de Galicia.

Un espazo na internet para: A Sociedade Galega.

Que é o dominio .gal?
No marco da actual sociedade da información o que non está en Internet non existe. A comunidade galega no mundo, con máis de 4 millóns de persoas, a nosa lingua e a nosa cultura precisan dunha marca propia coa que identificar todos os contidos que xeramos na Rede e, así, facernos máis visibles dentro deste espazo de comunicación global. O .gal é o dominio que debe correspondernos como comunidade con fortes vencellos lingüísticos, culturais, históricos, sociais... unha especie de sufixo co que identificar en Internet as páxinas escritas en galego e que se dirixan á sociedade galega nas súas comunicacións en liña que, tendo en conta a nosa dispersión no mundo, non se circunscriba a un ámbito territorial concreto. Tecnicamente viable e económica, social, lingüística e culturalmente rendible, o .gal encádrase nos dominios de primeiro nivel esponsorizados.

O dominio é xestionado pola Asociación Puntogal e os ingresos económicos que se produzan pola actividade do dominio servirán para o mantemento do propio dominio e no caso de producírense beneficios estes serán investidos no fomento da lingua e cultura galega dentro do ámbito das novas tecnoloxías

http://www.dominio.gal/

Esquela aniversario Celia Vares Núñez "De Casa Alberto do Xordo - Liñeiras"


Esquela aniversario María Berta Novo Paraje "Casa Lodos - Carreirachá"


Esquela aniversario Angel Trevín Díaz "Casa Angelito do Real - Carreirachá"


Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.