martes, 23 de abril de 2013

Esquela funeral Cristina Camino Fernández "Casa do Vale - Villaeimil"


ENCONTRO INFORMATIVO SOBRE A NOVA POLÍTICA AGRARIA COMÚN

Con motivo do debate e tramitación da Política Agraria Común en discusión neste momento
no Parlamento Europeo e tendo en conta a súa transcendencia para o sector gandeiro
gustarianos contar coa súa presenza e opinión nun encontro onde trataremos a situación do
sector na Mariña.
Nesta xuntanza explicarase o estado de tramitación das políticas europeas para o sector e
recolleremos as súas preocupacións con fin de trasladalas aos foros de debate europeos e
galego para o que contaremos coa presenza das seguintes persoas:

· Ana Miranda Paz: Parlamentaria do BNG no Parlamento Europeo integrada no Grupo
Alianza Libre Europea.
· Cosme Pombo Rodríguez: Parlamentario do BNG por Lugo no Parlamento Galego
· Fernando Suárez Barcia: Alcalde de Ribadeo

O encontro terá lugar o vindeiro venres, 26 de abril ás 12:30 no Salón de Actos da Casa do Mar
de Ribadeo(Rúa Clemente Martínez Pasarón, s/n de Ribadeo).
Agardando contar coa súa presenza que agradezo, reciba un cordial saúdo

BNG A MARIÑA.

PARTIDO A TODO OU NADA



 Este domingo, no Campo da Mina terá lugar unha auténtica final... Último partido da temporada. Si o Sporting consegue a victoria manterase un ano máis en Segunda Rexional, pola contra en caso de derrota o equipo descendería de categoría, a Terceira Rexional. 
Esperamos a resposta de todo o pobo nestes momentos dificiles...
¡AÚPA SPORTING!

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.