Batital nace en novembro de 2007 da inquietude dun grupo de lucenses, coma unha homenaxe aos ritmos e aos sons, un constante experimento para o oído, unha loita sen cuartel coa rutina diaria e unha forma de ilusionarse pola vida a través da música. Dende a bossa-nova e a música clásica ata ó tango, pasando polo bolero, o folclore galego, o blues, o charlestón, o swing ou o fado. Versións orixinais e composicións propias con letras en galego mestúranse nun apaixoado percorrido polos distintos estilos musicais, empregando, xunto á batería, a frauta, a guitarra eléctrica o acordeón ou o timple, instrumentos de pulso e púa noutros tempos de gran arraigo en Galicia, pero que parecen hoxe esquecidos na nosa terra, como a mandolina, o laúde e a bandurria.
Batital
Moita sorte Elba e cia.