lunes, 18 de septiembre de 2017

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

1ª AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 3

SPORTING PONTENOVA 1 - TABOADA C.F. 3

Sp. Pontenova - Taboada C.F. Once Inicial
Sp. Pontenova: Rubén, Moro (Luis), Fran (Álvaro), Bruno, Puente, Andrés Bouza, Tontxu, Carlos, Adrian Pasarín, Borja (Davicín) e Matelo. 

Gol: Matelo

O Sporting Pontenova encaixou a súa primeira derrota da temporada. Foi como local, ante un rocoso Taboada C.F. 

Comenzaban ben as cousas para o equipo de Dani Moirón, cun ritmo alto e varias chegadas a portería contraria, pero sería o Taboada C.F. o que golpearía primeiro, no minuto 26 tras rematar un bo centro lateral. O Sporting non baixou os brazos, e froito deso conseguiría o empate  8 minutos despois tras rematar Matelo un bo centro de Tontxu. 

Trío arbitral e Capitáns

Xa na segunda metade, que comezou con menos ritmo que a primeira e con dominio alterno no xogo, sería outra vez o Taboada C.F. o que se adiantaría, no minuto 54 cun disparo dende fora do area que se colou na portería gualdinegra. A partir dese momento o Sporting veuse arriba pechando ao Taboada C.F. na súa área,. No minuto 80 puido cambiar o partido, o árbitro sinala penalti a favor do equipo local, amolestando ao defensor, pero a instancias do seu asistente rectifica e sinala man do mediocentro pontenovés Tontxu.  Sería finalmente o Taboada C.F. o que no minuto 84 cerraría o partido co definitivo 1-3, cun disparo a cepa do pau dende fora da área. No minuto 88 outra xogada para a polémica, o porteiro visitante derruba ao dianteiro local Matelo cando este o encaraba en dirección portería sen ningun defensor preto, neste caso o árbitro decretou falta e so cartón amarelo. Con este resultado (1-3) remataría o partido, chegando desta forma a primeira derrota gualdinegra no que vai de curso. 

A vindeira xornada o Sporting Pontenova visita ao C.D. Xermade, no partido correspondente a xornada 4 da Primeira Autonómica Rexional Grupo 3. 


1ª AUTONÓMICA XUVENIL. GRUPO 6

VIVEIRO C.F. "B" 7 - SPORTING PONTENOVA 0

Sp. Pontenova: Diego, Adrian, Álvaro, Juan, Alberte, Esteban, Cristian, Ivan, Cubelas (Iago), Gabriel e Miguel.

FUTBOL FEMENINO - PARTIDO AMISTOSO

RIBADEO/PONTENOVA C.F. 2 - URRACA C.F. 5


¡AÚPA SPORTING!

Un punto para el Superti en su estreno

Fuente: La Voz de Galicia

PROYECTO DE RECUPERACIÓN DE LA ANTIGUA RUTA DEL TREN MINERO ENTRE VILLAODRID Y RIBADEO

Resultado de imagen de ferrocarril pontenova
Foto: Enrique Sampedro Miranda

A Pontenova entre los concellos que recibirán 650.000 € para Turismo Rural

Resultado de imagen de ferreria de bogo
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.