miércoles, 9 de marzo de 2011

O Sporting Pontenova recupera crédito.

O equipo sénior do Sporting Pontenova conseguiu endereitar a súa situación, e logo de 3 victorias consecutivas conseguiu escapar dos postos de descenso a Terceira Categoría Rexional.

O equipo mostrábase confiado antes destes tres encontros, nos que tiña que xogar como visitante, situación na que o equipo se atopa moi cómodo. Na súa visita a Galdo conseguiu vencer por 0-2, na saída a Viveiro, para enfrentarse o Sacido, cuarto clasificado, impuxose por 0-1 e finalmente, no derbi desta xornada, que o enfrontaba a un rival directo, o que so aventaxaba nun punto, a S.D. Pol impuxose por 0-1.

Logo destas tres victorias consecutivas, o equipo atópase a 4 puntos dos postos de descenso, pero nas seguintes xornadas enfróntase a rivais directos como o Bonxe e o Roupar, encontros que mostrarán as opcións do equipo gualdinegro.

O domingo, as 16:30h no Campo da Mina, recibirán o Bonxe C.F., no que unha victoria alonxaría aínda máis o equipo dos postos de descenso, acercandoo a zona morna da clasificación. Esperamos poder romper a mala racha no Campo de Mina, que ben seguro, se mostrara un ambiente como nas mellores tardes de fútbol apoiando o equipo neste encontro tan importante.


Por outra banda o equipo xuvenil, está inmerso nunha mala racha de resultados, tras perder no Campo da Mina coa S.D. Pol 0-4 e co C.D. Alfoz 1-2. O equipo que se atopa en proceso de formación, está competindo a un gran nivel levando no seu casilleiro 21 puntos, situándose na zona cómoda da clasificación e mostrando que nun futuro poden brindar grandes alegrías o pobo. Esperemos rematar coa mala xeira de resultados o sábado, no Campo da Fonte de Cospeito as 11:30h.



Lecer na Pontenova

Aventureo. Ano 1993. Segunda parte.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.