domingo, 31 de agosto de 2014

VII Carreira Popular de Santa Cruz, Ribadeo


A S.D. Albións estuvo presente un ano máis na carreira de Santa Cruz en Ribadeo.
A atleta pontenovesa Ana González Margaride foi a vencedora absoluta na categoría de féminas.
Aquí vos deixamos unhas cantas fotos da entrega de trofeos:

SPORTING PONTENOVA 2014/2015


O Sporting Pontenova sénior ven de dar por rematada a pretemporada. O equipo que estará dirixido un ano máis por Dani Moirón, comenzou co seu traballo de preparación o día 1 de Agosto e o vindeiro sábado, as 17:00h comeza a competición oficial no Campo do Ventiño, en Goiriz, no que será a primeira xornada da liga. 

Según fontes do clube, a pretemporada foi positiva e esperanzadora, a pesar de estar condicionada por non dispoñer de instalacións deportivas axeitadas na localidade, e ter que desprazarse o Concello de Trabada para levar a cabo as sesións de traballo, asi como verse obrigado a disputar todos os partidos de preparación como visitante.

Nos partidos amistosos disputados, os resultados foron os seguintes:


  • 10.08.14 (San Miguel de Reinante) Iberia C.F. 0 - Sp. Pontenova 0
  • 16.08.14 (Alfoz) Alfoz C.F. 0 - Sp. Pontenova 2 (Tontxu e Pasarin)
  • 20.08.14 (S. Cosme de Barreiros) C. Barreiros 0 - Sp. Pontenova 1 (Fran)
  • 24.08.14 (Guntin) Guntin 3 - Sp. Pontenova 3 (Tontxu, Jorge e Bruno)
  • 29.08.14 (Mondoñedo) Mondoñedo C.F. 2 - Sp. Pontenova 0
  • 30.08.14 (Muimenta) Muimenta 0 - Sp. Pontenova 1 (Anxo)

Tres victorias, dous empates e unha derrota e o balance final que nos deixan estes partidos de pretemporada, conseguindo ata en 4 ocasións deixar a nosa porteria a 0.

A adaptacion e intefración das 4 fichaxes (Ruben, Bruno, Pasarin e Caseto) estase producindo a pasos axigantados e temos por diante un ano cheo de ilusión, no que se intentará consolidar o equipo na categoría e sellar a permanencia o antes posible, evitando o sufrimento destes últimos anos. 

¡Aúpa Sporting!

Esquela funeral Herminia Ginzo Alonso "De Casa de Miguel - Villapena"


Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.