martes, 23 de septiembre de 2014

Fotos Antiguas de Dorinda Abella Vares (Casa Da Rega Xudan)


SPORTING PONTENOVA 2014/2015


SEGUNDA CATEGORÍA REXIONAL

Sp. Pontenova 1 - Mondoñedo Ciudad 0

Sp. Pontenova: Rubenon, Luis (Ivan Fdz), Bruno, Arango, Villaouruz (Villy), Anxo, Carlitos, Jorge (Tontxu), Puente, Venancio (Keitas) e Pasarin. 

Gol: min 32 Propia Porta.

O Sporting consegue a súa segunda victoria neste campeonato que chega de xeito consecutivo. O equipo gualdinegro aproveita deste xeito os dous partidos como local para sumar 6 puntos no seu casilleiro dos 9 posibles.

O partido arrancaba ben para o equipo de Dani Moirón, levando o control do partido durante a primeira metade, pero sen ser capaz de concretalo en goles. Sobre o minuto 32, unha falta ben executada por Jorge, cabeceaba un xogador mindoniense o fondo das redes. O Sporting seguiría chegando con perigo e moitas ocasion a meta visitante, pero non foi capaz de ampliar a ventaxa.

Logo da paso polos vestiarios, o control do partido igualouse, pero o Mondoñedo nunca inquietou a meta dun Ruben moi seguro o largo dos 90 minutos. 

No minuto 25 da segunda meteda, chegou a xogada polémica, a expulsión du Puente por doble carton amarelo. Dende ese intre ata o final ó equipo tocoulle sufrir e defender o resultado, pero aguantou sen problema as acometidas visitantes.

A vindeira xornada o equipo desprázase o Municipal de Viveiro, para medirse o Sacido na tarde do domingo. Dificil saída na que o equipo de pontenovés tratará de traer algo positivo.

PRIMEIRA CATEGORÍA XUVENIL (Amistoso)

Sp.Pontenova 0 - Astur Vegadense 5


Sp. Pontenova: Mateo, Cubelas, Roi, Raúl, Juan, Rodrigo, Marcos, Dani,Christian, Iván e Ovidiux. Tamen xogaron: David, Anxo, Adrián, Andrei, Trulli, Oscar e Javi.


Aproveitando o parón ligueiro, o equipo xuvenil xogou un partido amistoso contra o veciño equipo do Astur Vegadense. O técnico local aproveito para ver xogadores e darlles minutos a todos os rapaces dun equipo en formacion e crecemento.

A vindeira xornada, xa no campionato ligueiro, o equipo recibe a U.D. Pastoricense o sabado as 17:00h no Campo da Mina.

CATEGORÍA VETERANOS

Sp. Pontenova 1 - U.D. Rio Ouro 1

Sp. Pontenova: Rodriguez, Ramon Tren, Noe, Sachas, Marino, Otto, Gus, Dario, Goa, Oscar. Tamen xogaron: Suso Folgueirua, Barrera e Juanfri. 

Gol: Juanfri

O equipo de veteranos non puido administrar a ventaxa que colleitou no primeiro tempo gracias o gol de Juanfri e viu como nos minutos finais o Rio Ouro conseguia o empate logo dunha falta de entendemento na zaga local. 

Con este empate o equipo gualdinegro suma un punto que o coloca con 5.

O vindeira xornada ten unha dificil saída o Campo do Viveiro C.F. 


¡AÚPA SPORTING!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.