miércoles, 22 de abril de 2015

Esquela funeral María Josefa Novo Crecente "Casa da Casada - Caboxo" - Riotorto


DIA DO EQUIPO + AFICIÓN


SABADO 25, DIA DO EQUIPO E DA AFICIÓN


Este sábado, no derradeiro partido ligueiro desta temporada, dende o equipo directivo, queremos que sexa especial, unha comunión entre equipo-afición, un agradecemento mutuo do equipo a afición que estivo todo ano apoiandonos "nas duras e nas maduras", nas tardes de frio e choiva, en desprazamentos lonxanos, en campos remotos etc... e da afición o equipo por esta gran temporada que nos brindaron, facendenos disfrutar de grandes tardes de fútbol, acadando o mellor posto dos últimos anos cunha cifra de puntos espectacular. 

Este grupo de rapaces volveu a ilusionar a un pobo, representado o as cores e levando o nome da Pontenova por toda a provincia. 

Para iso contaremos con multiples sorteos e sorpresas durante o transcurso do encontro. 

Ao igual que anos anteriores, a directiva do Sporting Pontenova, seguindo coa súa politica de "expansión e socialización" invitou a todos os nenos/as do CEIP Plurilingue A Pontenova e do I.E.S. Enrique Muruais a este partido entregandolles unha entrada completamente gratuíta. 

¡Acode o sábado 25, as 17:00h o Campo da Mina coa túa prenda amarela e negra!



¡Aúpa Sporting!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.