lunes, 4 de diciembre de 2017

Clases de baile en A Pontenova 2017/18


SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

PRIMEIRA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 3

SPORTING PONTENOVA 3 - FERREIRA C.F. 1


Sp. Pontenova: Ruben, Puente, Héctor (Alex), Bruno, Salva, Fran Fiallega, Andrés Bouza, Borja (Tontxu), Moro (Jorge), Adrian Pasarín (Franchi) e Matelo.


Goles: Adrián Pasarín II e Matelo.

O Sporting Pontenova volveu a senda do triunfo, cerrando deste xeito a mala racha que atravesou que o tivo sen puntuar 6 partidos. 

Nun partido serio dos pupilos de Dani Moirón, sabedores da importancia do encontro,  o equipo saiu a por todas e a media hora de xogo xa mandaba no marcador, tras unha xenialidade de Andrés Bouza que meteu un balón profundo para incoporación por banda de Puente quen puxo un centro perfecto para que Adrián Pasarín perforase a meta visitante. Con ese resultado de 1-0 chegaríase ao descanso. 

Na segunda metade o Sporting tiña o dominio do xogo, pero sen demasiadas ocasións. No minuto 60 produciase unha xogada na que o meta visitante derrubaba a Matelo, nunha acción moi perigosa do xogo e o colexiado decretou a expulsión deste. Xa cun home mais o Sporting cerraría o partido, con goles de Adrián Pasarín e Matelo tras sendas xogadas persoais.

Con este resultado o Sporting suma xa 13 puntos e achégase aos postos tranquilos da clasificación. 

A vindeira xornada o equipo rende visita a todo un Club Lemos, nun partido que terá lugar o Domingo 10.12.2017 as 16:00h na Pinguela (Monforte de Lemos).


PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL GRUPO 6

C.D. COSPEITO 2 - SPORTING PONTENOVA 4

Sp. Pontenova: Diego, Dani, Adrian, Álvaro, Miguel, Juan, Iago, Esteban, Gabry, Cube e Christian. Tamen xogaron: Alberte, Anxo, Ivan e Diego.

Goles: Christian II, Álvaro e Gabry.




L.G.F. SEGUNDA DIVISIÓN FEMENINA. GRUPO 1

RIBADEO F.C./SPORTING PONTENOVA 0 - SILVA S.D. 0

Ribadeo F.C./Sporting Pontenova: Cristina, Sheila, Sabela, Lorena, Lucia, Verónica, Aranzazu, Chary, Nuria, Carolina e Irene. Tamen xogaron: Cristina e Amanda.


SEGUNDA ALEVÍN NORTE F-8

VIVEIRO C.F. "B" 1 - E.D.M./SPORTING PONTENOVA 6

E.D.M./Sporting Pontenova: Paulo, Marcos, Samuel, Ismael, David, Paula, Yeray e Bruno. Tamen xogaron: Brais, Iago, Ruben, Mario, Miguel e Iker.


¡AÚPA SPORTING!

El Concello de A Pontenova maneja la zona de A Chousa para la residencia

Darío Campos en una visita a una residencia de mayores. AEP

Vecinos de A Pontenova temen quedar sin parada de bus en el HULA

Resultado de imagen de autobus a pontenova
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.