jueves, 15 de agosto de 2013

AVISO (Actualizado a 16/08/13) 2ª Subida A Pontenova

Quedan 7 días para que dé comezo a 2ª Subida a Pontenova e con ela o VII Festival as Minas.
O concello da Pontenova, o fin de semana do 23, 24 e 25 de Agosto, estará repleto de actividades. Por que non disfrutar polo día dunha proba deportiva puntuable para o Campionato galego de Montaña e a continuación dunha macrochurrascada acompañada de boa música?
Por outro lado a Asociación cultural As minas dá a posibilidade de acampar nun lugar acondicionado e con todos os servizos gratuitamente a 100 m. do parque pechado e a 300 m. do Festival.
Esperámoste! Non falles!.

SPORTING PONTENOVA 2013/2014


Andrés Bouza adestrará ó Spórting Pontenova xuvenil

O Spórting Pontenova vén de confirmar como adestrador do conxunto xuvenil da entidade ó futbolista do Ribadeo FC, Andrés Bouza. Este nomeamento chega despois da renuncia de Dani Moirón ó cargo logo de 6 anos á fronte do único equipo de base do conxunto gualdinegro. 
O novo adestrador do equipo pontenovés terá difícil superar o listón do seu predecesor, que conseguiu un título de liga local e disputar dúas fases de ascenso.

O plantel do que disporá Andrés Bouza está totalmente renovado, posto que só repiten no equipo dous xogadores da pasada tempada. O resto do equipo fórmano rapaces procedentes das escolas deportivas municipais. O único obxectivo co que parte o Spórting Pontenova xuvenil é “a formación dos rapaces e o abastecemento de futbolistas para o equipo senior”, sinalaron fontes do club.

Andrés Bouza repite así experiencia no fútbol base, onde adestrou a conxuntos da SDC Residentia e tamén ó equipo cadete do CD Castro.
O equipo comeza os adestramentos este mércores ás 18 horas no campo da Mina. Dani Moirón continuará á fronte do equipo de Segunda Autonómica.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.