O
campo de San Cruz, en Lourenzá, será sede hoxe do Campionato Comarcal
de campo a través para escolares entre as categorías benjamín e cadete.
A competición, dirixida a nenos e nenas, comezará ás once da mañá e
desenvolverase ata a unha da tarde.
Logo das
dúas probas preparatorias, celebradas nas pasadas semanas, uns 150
escolares trasladaranse á localidade laurentina para intentar facerse
un oco na competición provincial, que se celebrará o vindeiro sábado en
Lugo.
Os seis mellores no apartado individual
e os dous mellores equipos de cada categoría obterán billete para a
proba provincial. Dez entidades estarán representadas na cita. Trátase
dos conxuntos focenses do Colexio O Pilar, o Colexio Martínez Otero e o
Celtas; os viveirenses do San Roque e o Ceip Santa Rita de Galdo; a
Asociación Deportiva e Cultural Xove; as Escolas Deportivas de
Lourenzá, O Valadouro e Mondoñedo; e o Club Albións da Pontenova.