miércoles, 22 de octubre de 2014

TARDE GRIS NO CAMPO DA MINA


SEGUNDA CATEGORÍA REXIONAL

SP. PONTENOVA 0 - S.D. POL 0


Sp. Pontenova: Ruben, Carlos (Villaouruz), Bruno, Luis (Keitas), Villy, Anxo, Maketo (Garboso), Puente, Venancio (Tontxu), Jorge (Caseto) e Adrian Pasarín.


O Sporting Pontenova non puido pasar do empate ante un ordeando Pol. O equipo de Dani Moirón non foi capaz de facer o seu xogo e xerar ocasión. Certo é que no minuto 60 o signo do partido puido cambiar anulando o arbitro un gol a Jorge por fora de xogo, moi protestado pola bancada local. 

O equipo non chegou a estar cómodo en ningún momento no terreo de xogo, mala tarde en xeral de todo o plantel. 

Con este resultado o equipo de gualdinegro segue  colíder, xunto co C.D. Foz con 16 puntos.

A vindeira xornada o equipo pontenovés visita unha cancha complicada, o Campo da Liga, para enfrontarse o C.D. Santaballés, equipo chamado a estar nos postos altos da clasificación. O partido dará comezo as 16:30h. 

A expedición saldrá as 14:30h. 


PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

S.D. VIVEIRO 2 - SP. PONTENOVA 1

Sp. Pontenova: David, Anxo, Álvaro, Juan, Adrian, Bruno, Rodrigo, Cristian, Roi, Borja e Oscar. Tamen xogaron: Marcos, Mateo, Jose Luis, Ovidio e Javier.

Gol: Cristian

O equipo xuvenil non puido traer nada da súa visita a Viveiro. O cadro de Andrés Bouza non tivo sorte e acabou naufragando ante un rival de nova creación.

A vindeira xornada o equipo xoga como local, no Campo da Mina o sábado as 11:30h fronte o Iberia C.F. 


¡AÚPA SPORTING!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.