lunes, 16 de diciembre de 2013

Concerto de Nadal da Escola Municipal de Musica de A Pontenova.

La famosa revista trueiro habla de A Pontenova como "A Pontenova, capital da pesca"




Información facilitada por Taracho.

Sporting Pontenova 2013/2014

Segunda Categoría Rexional


S.D. Candelaria 3 - Sporting Pontenova 3 (Jorge, Anxo e Manu)

Sporting Pontenova: Borja, Otto (Marcos Conde), Manu, Luismi Rivas, Villi, Ivan (Arango), Anxo, Jorge (Carlos), Tontxu, Garboso (Keitas) e Puente.




O equipo dirixido por Dani Moirón presentábase no Campo dos Castros (Cangas de Foz) moi mermado polas baixas, xa que non figuraban na convocatoria Maketo, Luis, Lolo e Venancio por lesión, Patxi por sanción e Fran por motivos persoais e nunha profunda crise de resultados. 
O partido non puido comenzar peor para os intereses gualdinegros, xa que os 5 minutos o Candelaria adiantábase nun xogada trenzada.
Pero o Pontenova lonxe de baixar os brazos, conseguiu darlle a volta o marcador, logo dunha falta lateral ben botada por Jorge, e dun penalti feito a Puente que executou maxistralmente Anxo. 
No comenzo da segunda metade, outra vez o mesmo guion, os dous minutos o Candelaria empataba o partido. Otro duro golpe para o cadro gualdinegro, pero que de novo se repoñia, e Manu, recuperado trala lesión que o tivo apartado dos terreos de xogo a primera volta, poñia o 2-3 nunha falta lonxana. Faltando 10 minutos para o final o Candelaria, a saída dun corner poñeria o definitivo 3-3. A partir dese intre, moita intensidade e agresividade e pouco fútbol.

Na vindeira xornada o Sporting Pontenova recibe na tarde do domingo (16:00h), a S.D. Pol no Campo da Mina, rival directo para a salvación e co equipo local querendo lograr unha victoria para adicarlle a aficción e pasar o parón de nadal tranquilos, xa que a igualdade na táboa clasificatoria fai que non poida haber despites. 

Primeira Autonómica Xuvenil

C.D. COSPEITO 7 - SPORTING PONTENOVA 2 (Roi e Borja Lombardero)

Sporting Pontenova: Andrei, Bruno (Josito), Trulli (Cubelas), Alvaro, Roi, Borja Lombardero, Ovidiu (David), Juan, Villarquide, Rodrigo, Pedro (Adrian).

O Equipo xuvenil do Sporting Pontenova sucumbiu na súa visita a Cospeito por un claro 7-2. Neste caso o resultado non conta o guión do partido xa que os pupilos de Andres Bouza chegaron o descanso gañando 0-1, logo dun bo gol de Roi o saque dunha falta. Chegaría o empate do Cospeito, pero Borja, volvería poñer os Pontenoveses por diante. Chegouse así o minuto 25 da segunda metade, co equipo ben posicionado e por diante no marcador. A partir dese intre, todo se torceu e o Cospeito logrou remontar o partido e aumentar a súa diferencia.

Na vindeira xornada, o sabado as 16:00h o equipo guladinegro recibirá o Friol C.F. na Mina, no que será o duelo de colistas.

¡Aúpa Sporting!


Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.