lunes, 3 de noviembre de 2014

O Xornal de Pesca Deportiva Trueiro entregará os seus premios anuais na Pontenova


Fuente: Trueiro

O Xornal de Pesca Deportiva Trueiro entregará os seus premios anuais na Pontenova (Lugo), o sábado 15 de novembro ás 20:30 h, no Salón de Actos do Centro Social.
Estas distincións recoñecen o traballo desenvolvido por persoas, sociedades, pescadores, etc, a prol da conservación das augas continentais e da significación socio-cultural da pesca.

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA


SEGUNDA CATEGORÍA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 7

Pontenova e Cospeito firmaron táboas nun encontro moi disputado


SPORTING PONTENOVA 1 - C.D. COSPEITO 1

Sp. Pontenova: Rubenon, Carlos (Garboso), Arango, Bruno, Ivan Fdz, Anxo, Luismi Rivas, Venancio (Caseto), Jorge (Puente), Antonio e Adrian Pasarín. 

Gol: Anxo (p)

O encontro deixou unha primeira metade sen apenas ocasións de gol, as máis destacadas varias xogadas a balón parado que levaron a inquedanza a ambos conxuntos. O gardamallas local, Rubenon, evitou a ocasión máis clara tras un cabezazo de Xavi. 
A segunda metade comezou polos mesmos derroteiros ata que case mediada a segunda metade o Cospeito aproveitou a entrada dende o banco de JC que lle deu máis frescura e desequilibrio a un Cospeito que desperdiciou dúas boas ocasións. Xavi non perdonou a sáida dun córner e puxo por diante ós da Terra Chá.
A Pontenova non tardou en reacionar e conseguiu devolver as táboas ó marcador dende o punto de penalti. Anxo superou a Churry e estableceu o que sería á postre resultado definitivo. O banco volveu funcionarlle ó Cospeito que xerou un par de aproximacións perigosas pero sería a Pontenova a que dispuxo da mellor ocasión xa en tempo engadido onde Churry salvou un punto para os de Iván.
Destacar a volta o equipo de Luismi Rivas, tras un duro traballo da directiva para buscar un xogador que poida suplir as ausencias de Arango e Manu Miranda que se atopan fora por motivos académicos, que se incorpora o equipo logo de levar inactivo dende a temporada pasada. O xogador de Vilameá chega o equipo para aportar traballo e veteranía.
Na vindera xornada,a número 10, chega o derbi, o domingo 09 de Novembro de 2014 as 16:15h no Campo da Veiga en Riotorto para medirse o actual líder da categoría, que se mostra intratables nos últimos partidos. Desprázate a localidade veciña para animar o teu equipo. 
¡AÚPA SPORTING!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.