miércoles, 11 de enero de 2012

CIT 2012

O CIT conseguiu o 30% dos coutos de Xinzo e Villarmide que estarán a disposición dos socios a partir do mes de Maio. Xa informaremos como e donde se poden retirar nun local do pobo.
Dende o CIT falamos coa consellería de medio Ambiente para conseguir para A Pontenova o I concurso de salmón que se celebrará o dia 1 de Maio coincidindo coa festa da troita, e estamos esperando a sua concesión.

CIT A Pontenova. Cabalgata de Reises.

Como presidente do Centro de Iniciativas Turísticas de A Pontenova, acepto e aceptamos toda a xunta directiva deste colectivo as criticas vertidas pola cabalgata de Reises 2012. Queremos sair en defensa das suas maxestades de Oriente, porque con moito esforzo nos axudaron a facer a cabalgata deste ano. Entendemos que os reises tiñan cousas mais importantes que facer e adicaron ese dia para satisfacer ilusións de pequenos e maiores. Para vindeiros anos o CIT esta aberto a novas suxerencias e a que se hai alguen que pense co pode facer mellor pois para o ano ven que fale coa directiva.
Moitas gracias polo voso apoio e comprensión e esperamos que a estes que non lles gusta a cabalgata e nos critican tanto para o 2013 nos boten unha man.
Fdo: Francisco Javier Rois (Taracho)

Resultados enquisa


Deches logrado os teus propósitos para o 2011?
Sí, todos:                             1 (3%)
A maioría sí:                         8 (27%)
A maioría non:                       9 (31%)
Non, ningún:                         5 (17%)
Nunca me propoño ningún:      6 (20%)


Total de votos emitidos: 29
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.