martes, 1 de mayo de 2012

Clasificación xeral da carreira da festa da Troita 2012.



Cumpleaños de Eugenia e Pepe

Mónica Uría, de Vilameá, mandounos estas fotos sacadas no Hotel Restaurante San Briz durante a celebración dos cumpleaños de Eugenia e Pepe. Moitas felicidades!



A FESTA DA TROITA

Chegadas estas datas, A Pontenova vestise de festa e os lugareños dan a benvida a foráneos que veñen tentar sorte coa cana, os acompañantes contribuien a multitude participativa. O Rio Eo, armonioso e sin tregua, esbara o ventre da auga polas rochas , preñado de vinculeiras troitas, algúns salmóns e outros peixes estraños; acabouse a familia numerosa. Logo pare na ria os recordos almacenados dende o seu nacemento. A víspera do día sinalado para ao concurso, hoxe, as troitas convocan xuntanza en Salmeán, Pozo da Ola, San Briz, teñen que fixar as extratexias da guerra que se aveciña cos canistas. Son coñecedoras de que o seu exército no frente é inferior en número e, pola contra, os parapetos, refuxios e canles de fuxida en retagarda non os teñen. As márxenes do rio están tupidas de muros, de árbores sen vida, o pozo era ola natural, agora é tranquila. Envexa para úns, nostalxia para outros que en derradeiros tempos conquerian campanus, abalaban o cebo ata dormir a troita, así una e outra vez, os Demetrios, os Patricios, os Veigas e perdoen os outros moitos que con merecemento non nomeo. Non son pescador. Que pasou coas troitas, cos salmóns, co propio medio natural do Rio Eo, para que os desencontros e frustracións das xentes co aman tiveran que sofrir a despoboación destas especies, a morte, o ataque do progreso industrial, o afán por desfacer o leito, a transformación do natural que sempre conduce a propia destrucción do hábitat. Todo está moi ben nos papeis, a Unesco, a Declaración da Biosfera do Rio Eo, Oscos e Terras de Burón, as mensaxes das Administracións implicadas, con declaracións de superficies afectadas, augas sin contaminar do Rio Eo, troitas arreo, salmóns non digamos e todos sabemos que non é para tanto, é notorio que hai xentes, negocios e Administración Local que tivo que implicarse para limpalo e intentar recuperar o medio. Como é sabido, hai moita propaganda barata que logo non da un pao para acometer actuacións que de verdá coiden a biosfera e intenten recuperar a fauna e o desacougo que se produxo no rio, no monte ou propio medio rural ou urbán. Aproveito para louvar a entrevista a Manolo do Pildaro, gostoume a foto do avó co neto, mellor ainda, si fora tomada na Pumarega. Os recordos enriquecen a propia vida do pobo, as comparacións non son odiosas, son a propia filosofía da existencia. O Pildaro rapaz, con raíces en Folgueirúa, con mocidade na Pontenova, con tute e berisca xunto ao crego e amigos, compartindo cigarros, licor e contos, lévamos a propia dependencia que úns temos doutros, pois o cura gostaballe xogar, como non e, polo menos, esto tiña a forza “pecaminosa” de compartilo, tamén compartia lacea, dito sexa de paso. Esto lévanos a que o circulo do tempo vainos achegando a propia realidade, do xoguete de pao ata consola houbo moito que devanar, pro o neto non tivo mellores xoguetes co avó, só que foron de outros distintos materiais e con circuitos e placas complicados. Pensar tamén se pensaba xogando os bolos, bilarda, balón de saco, sobre todo para non mancarse. O Pildaro, O Lilo e os demáis fomos Balbinos da vida, nobles, quizaves pillos porque tódolos nenos galegos tiñan que ser pícaros para vencer as adversidades día a día. O compartir unas troitas do Eo é máis que fraternida é loita polo Rio e pola vida que hai no seu seo.
Lilo-JLGINZO

Foto Antigua Florinda Castrillon de Xudan


Ya que estuve en A Pontenova unos dias, aproveche para hacer unas fotos de unas fotos antiguas de mi querida vecina Florinda de Castrillon en Xudan.  Le doy gracias a ella para que me dejase publicar estas fotos de años pasados.  Cada semana intentare poner un foto.  Si alguien mas le interesa participar, nos podéis mandar fotos a pontenova.es@gmail.com (las fotos son para compartir con todos, para acordarnos de gente que desgraciadamente no estan con nosotros y para que las fotos se preserven para mas años-nunca usaremos las fotos para ganancia personal.)


Empezando de arriba izquierda son: Adela de Villaoudrid, Conchita, o fillo de Lombardero fotografo, Victor de A Pontenova, Jose Manuel do Louro de Valquente, Manolo de Castrillon, Manolo de Fumiña, Capellan, e Luis de Queitano.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.