lunes, 22 de mayo de 2017

Cientos de voces por la Vía Verde del Eo

Los alcaldes de Trabada, San Tirso, A Pontenova y Ribadeo, con Carlos Bermúdez. AMA

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

XXXIV COPA DEPUTACIÓN DE LUGO DE 2ª E 3ª REXIONAL 

A.D. MATELA 0 - SPORTING PONTENOVA 1

11 Inicial do A.D. Matela - Sporting Pontenova
Sp. Pontenova: Ruben, Luis (Tontxu), Héctor, Bruno, Villi, Andrés Bouza, Mac (Fran), Davicín (Borja), Carlos (Cristian), Adrián Pasarín e Puente. 

Gol: Tontxu

O Sporting Pontenova logrou a clasificación para a seguinte rolda grazas a un gol de Tontxu no tempo engadido. O equipo de Dani Moirón foi superior durante todo o partido ao Matela, que aguantou durante máis de 90 minutos a súa porta a cero. 

O partido comezou con dominio dos visitantes, que dispuxeron de dúas ocasións claras: un tiro que sacou baixo paus Pedro e unha falta que sacou Héctor no minuto 37 rematada por Andrés Bouza desde a frontal da área. Malia o dominio do Pontenova, o Matela aguantou ben os primeiros 45 minutos.

Cadro da XXXIV Copa Diputación 2ª e 3ª Rexional
Sen embargo o factor desequilibrante do partido viría no minuto 59 coa expulsión de Veiga, que deixou aos locais cun home menos sobre o céspede, algo que acusaron co paso dos minutos.

O sporting Pontenova non quería ter que xogarse a clasificación na lotería dos penaltis e o dominio visitante fixose máis insistente. No minuto 70 Carlos tivo unha boa ocasión só diante da portería pero o seu tiro razo cruzado marchou fora. Dex minutos despois, tontxu fixo lucirse ao porteiro local, que desviou a córner o seu lanzamento de falta directa. 

O árbitro alongou 7 minutos o tempo regulamentario porque houbo moitas faltas e perdas de tempo, sobre todo por parte dos locais. Tontxu, que entrara en substitución de Luis, foi o revulsivo do equipo e marcaba o tanto da vitoria do equipo visitante no minuto 92 cun tiro raso dentro da área. Non tivo capacidade de reacción o Matela, que pagou o esforzo de xogar cun home menos. 

En cuartos de final, o Sporting recibe a S.d. Guitiriz no Campo da Mina a partido único. 

¡Aúpa Sporting!

Cuatro alcaldes reclaman que se recupere el proyecto del tren minero

Desafío Volta a Lugo en A Pontenova

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.