Entrevista realizada por Santiago Fco. Coladas-Guzmán García.
Voltamos unha vez máis con outra entrevista a outro veciño da vila, José Muruais Lamas (A Pontenova, 1.946), máis conocido por Pepe do Mazo, a quen é fácil ver polo pobo nas súas vacacións. Este Ingeniero de Minas, que gusta de ler, facer deporte e viaxar quixo empezar a entrevista con esta aclaración:
“Antes de contestar, quiero expresar mi sentimiento por no saber escribir en gallego, voy a contestar en el gallego que aprendí de pequeño en casa y con mis amigos y perdonarme por lo que salga”.
Pontenova.es: ¿Cal foi o lugar exacto donde naciche e como lle chaman á túa casa?.
Nacín no Mazo á beira do Turía ,na casa de Josefa a Panadeira que era miña nai,e na misma casa sigo pasando o tempo que teño libre.Meus pais eran de Xinzo e da Hermida de Conforto.
Pontenova.es: ¿A que edad te fuche máis ou menos do pobo e que foi o que motivou a túa marcha?
Marcheime ós 10 anos interno para o Colexio dos Maristas de Lugo, daquela tamen estaban internos conmigo Suso de Violo, Pepe de Regos, Manolo do Píldaro e Manolo de Segis.Terminei o Bacherelato no Masculino de Lugo e fixen o Preuniversitario no Instituto de Oviedo.
Pontenova.es: ¿Cal foi a cidade ou cidades donde residiche a maior parte do tempo ó largo da túa vida?