Entrevista realizada por Santi Coladas.
Guillermo Cancelo (1.968) |
Aquí vos deixamos cunha pequena entrevista a Guillermo, director da Escola Municipal de Teatro de A Pontenova a quen lle queremos agradecer desde pontenova.es a súa absoluta disposición a colaborar co noso blog.
Canto tempo fai que estás dirixindo a
escola de Teatro da Pontenova?
Pois este foi o 4º ano
dirixindo a escola e si non recordo mal comezamos no ano escolar do 2012/13
Cales foron os principais inconvintes que
atopache nos inicios desta andadura?
Sinceramente non podo dicir
que atopei problemas, máis ben todo o contrario. No seu momento presenteille o
proxecto a Dario Campos e el mesmo se preocupou persoalmente de traballar para que esta proposta poidese
saír adiante, que para min é o momento máis critico.
Cando arrincan as
clases, teño moita fe en que o proxecto poida
funcionar, xa que intento