domingo, 23 de mayo de 2010

Un pouquiño de auga, pero temperatura agradable, bah, todo nada.


Concurso de espantallos


Sabado 29 de maio, non podes faltar. Esperamoste na mina.

El Spórting Pontenova regresó a casa con un empate, 0-0, del campo del Porto do Son. El partido estuvo igualado, teniendo ocasiones los dos conjuntos para inaugurar el marcador. Los mariñanos protestaron las decisiones arbitrales, sobre todo al no pitar el colegiado dos más que posibles penaltis a favor del Pontenova. Los de Moirón confían en su campo y su público para lograr el pase, ya que llevan año y medio sin conocer la derrota como locales.

Camiño de Santiago. Etapa #5 - San Román da Retorta - Melide

Faltan uns 50 kms aproximadamente para chegar a Santiago...e restando! Polo menos xa chegamos á provincia da Coruña, cousa que anima bastante porque xa case parece que podemos ulilo. Hoxe foi unha xornada na que o sol apretou bastante, razón pola que comezaremos a andar en Melide o próximo día ás 8 da mañá en lugar das 8:30 como estaba previsto. Recordade que a próxima etapa é o día 6 de xuño (o próximo domingo de feira na Pontenova) e o bus sairá dende a Praza dos Fornos, coma sempre, pero esta vez ás 6:30. Así, comezando a camiñar antes daranos menos o sol e iremos máis a gusto.
Así que nada máis. Ánimo, que falta pouco!
Para ver as fotos pinchade na imaxe.

Premios Lider 2010. Un novo Guardiola emerxe na Pontenova.

 graciñas a Jose Vazquez polas fotos.
Porto do Son 0- 0 Sporting Pontenova
NORABOA MOIRON

O BNG denuncia na UE a central no Eo e os colectivos constitúen unha plataforma

As críticas á posible construción dunha central hidroeléctrica no río Eo ao seu paso polo municipio lucense de Ribeira de Piquín chegarán á Comisión Europea. A través dunha iniciativa do Grupo Verdes-Alianza Libre Europea, no que está integrado o BNG, a portavoz nacionalista en Europa, Ana Miranda, acaba de presentar unha pregunta para coñecer se a comisión é coñecedora deste proxecto empresarial, que afectará a un espazo protexido pola Red Natura 2000 e que implicará derivar a canle fluvial ao longo dun tramo de máis de 12 quilómetros.

LECER NA PONTENOVA

A "Era do Cemento" foi un gran invento para a construcción pero, para a estética e bo acollemento a xente de apé de a Pontenova e visitantes non podemos decir o mesmo, ¿canto botamos de menos a alameda que habia por a feira, a beirarrua chea de árbores que se veia na foto de ayer na carretera de Taramundi, as árbores que habia na praza do concello, a antiga vía e, xa non digamos a estación do tren (ahi so me permito un inciso pois imaxínome os pros e contras de manter en pe a misma inda que hoxe en día seria un grandísimo impulso para o turismo si estibera conservada e xa non digamos con un tren diario a Ribadeo ida e volta por a mañan e por a tarde, teríamos un atractivo turístico e seguramente un montón de visitantes que agora non temos por non saber ou querer manter o que tíñamos), permítome opinar inda que me arrisque a outra malleira de críticas xa olvidadas por dar o pracer a quen o sabe valorar de ver un anticipo de A HISTORIA DA PONTENOVA EN FOTOS, seria un soño voltar a ver un aspecto semellante ó de antes a feira, ou a praza do concello chea de céspede e árbores para ensombrar uns banco debaixo deles, lomenos daría un bo aspecto os viandantes e sombra no verán en vez de ser un monton de metros de cemento sobre os que se podería aparcar lomenos quen vai facer dilixencias o concello, ou mismamente o aspecto de antes que tiña o río, e curioso, botamos a faltar árbores e zonas verdes no pobo e sobran a centos a veira do río que seguramente dende que rematen con toda a sua riqueza e beneficios A Pontenova, empezarán a cortalos, algo parecido o que pasou co "peixe" i eso inda non é o peor, ojallá me engane pero si as cousas non cambian (cousa anormal ultimamente), coas obras do río tiraramnos o que hoxe en día e a árbore mais emblemática do pobo e non éstá ensombrando o Eo precisamente.
Tómeime esta libertade de opinar pois o ir a publicar a foto na que vemos a Conchita de Pedro e a "Pastora" de Ribadeo (a pescadeira que anunciba voz en berro "HAY QUE VIVOOOOOO") xunto coa parada de taxis (non sei si de Pepe de Luis, Cosme ou Manolín) non considero unha ofensa a ninguén, fai muitos anos que penso o mesmo, síntome un enamorado mais do meu pobo e non mostro acritude política ningunha pois fai muitos anos da "era do cemento" e si una OPINION ou critica constructiva e todo o que sexa en pos do noso pobo penso que tá ben faigo quen o faga, aparte de que posiblemente rebertería na beleza ou encanto do noso pobo.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.