domingo, 21 de marzo de 2010

Lobelle Santiago 1-2 Superti A Pontenova


VIAJE SEMANA SANTA 2010 (Quedan 6 plazas)


5-0 e ALIROOOOOOOOOOOON na Mina.

Obxectivo cumplido. O Sporting Pontenova xuvenil proclamouse por primeira vez CAMPEÓN DA LIGA PROVINCIAL de fútbol juvenil, na súa corta e bonita historia. Logo dunha temporada impecable dirixidos pola gran labor de Daniel Moirón, co meior porteiro da Liga, un Xoel que pouco a pouco foi medrando ata chegar a ser un dos porteiros máis destacados da Mariña, cunha defensa sólida e segura que esperamos que se poida manter no equipo senior as vindeiras temporadas, unha línea de 4 no medio campo guiada pola calidade de Tontxu, o pundonor e o sentimento de un inconmensurable Arango, que se desvive por este equipo e por esta camiseta, e co desborde nas bandas de Antón e de Christian, éste último, Christian, sen duda algunha, o meior xogador da categoría con creces. E que decir da delantera, da dupla Matelo-Turbo, que superaron tódolos rexistros goleadores que se recordan. Matelo que cando remate a liga superará os 50 goles, e Turbo ainda que menos goleador, realizou durante todo o ano un gran traballo profesional e de compañeirismo axudando a Matelo a lograr gran parte deses goles e colaborando con todos e cada un dos compañeiros. Un once inicial que penso que si lle preguntamos a meirande parte dos afeccionados ao fútbol da Pontenova que pode decir dende o número 1 ata o número 11, sen duda algunha, un once que pasará a historia.
Recordo, non fai tantos anos, entorno a catro-cinco anos, cando iamos a Viveiro gran parte desta plantilla entra que me inclúo, e nos metían 8 ou 9 goles, iamos a Burela e nos metían outros tantos..e así campo por campo, e ahora, estes mesmos xogadores, son os que van a Burela, a mítica Marosa, un dos meiores campos da zona, e deleitan ó público coa súa clase e o seu fútbol, xa que nesta temporada, foron moitas as aficcións rivales que aplaudiron o fútbol do Sporting Pontenova. Ahora a dinámica cambiou, e somos nós os que vamos a Alfoz e ganamos, os que vamos a Meira e arrasamos, e somos nos os que ven ver a xente de Lugo, de Viveiro, e demais cunas futbolísticas da provincia, e somos nos os que nos chaman grandes equipos para ir a defender a súa camiseta e loitar por metas máis grandes e ambiciosas, e todo isto gracias a labor que se levou a cabo o longo do ano, e da temporada pasada e da anterior. Dende que Xosé Miranda colleu este equipo e lles ensinou a moitos xogadores o que era un balón, xa que daquela ainda non o sabían, e lles ensinou a competir, a pelear, e a defender con orgullo a camiseta do Sporting, e hoxe en día son grandes futbolistas a maior parte destes futbolistas. E continuou co traballo de Moirón, entregado o equipo dende o primeiro día que o colleu, intentando ensinarlle a cada xogador o que debía facer para mellorar, non só dentro do campo, senon tamén fora del, e sobre todo, formando un grupo de campeóns, que é o que hoxe en día é este equipo, naraboa Daniel pola gran labor que fixeche.

O partido de hoxe, unha mostra máis da solidez deste equipo, impresionante Turbo con un hat-trick, e xenial todo o resto da plantilla, con un gran Bruno atras, e con Matelo e Christian creando peligro constante.Toda a Mina, vestida de gala para a ocasión, presenciou o partidazo deste equipo e estivo entregada a el durante todo o partido.

E dende aquí, con esta crónica, quero darvos a NORABOA a tódolos integrantes da plantilla, xa que dende o que máis minutos disputou, ata o que menos, foi tremendamente importante para a consecuión deste título, porque non todo é meter goles, nin todo é ganar partidos, e durante a tempada, houbo futbolísticas que aportaron outras cousas que fixeron crecer este equipo. E só vos pido unha última cousa, seguide loitando con orgullo e con respecto o que queda de Liga, e derramada ata a última gota de sudar para conseguir o ascenso a Liga Galega, todos estamos orgullosos do esforzo que fixestedes este ano, de levar o nome da Pontenova tan alto, que de novo, por segundo ano consecutivo, vaise pasear por Coruña, e sairedes en xornales como o DeporSport como a pasada tempada, algo do que todos deberiades estar orgullosos, porque nos estamolo deste equipo. Así que ánimo, e a por eles!!!Felicidades a todos e...AUPA SPORTING!!!!!!!!!!

Jorge Moirón, ex-xogador do Sporting Pontenova Juvenil

Se vende minicadena Panasonic 160W. 60€

Minicadena marca panasonic con un sonido espectacular de 160W. Se vende por no usar, esta practicamente nueva. Cargador para 5 cds. Enganche con clavija de los altavoces con cable extralargo. Ideal para pub o cafeteria. Cada altavoz cuenta con tres salidas distintas. Una ganga. Contacto: njaajn@hotmail.com

1ª liga de tute Meson Sarredo


Xornadas informativas


Obradoiro de cociña intercultural para adultos


LECER NA PONTENOVA

Recoñozco a Fernando Rego, Jesús Alonso, Santiago "da Veiga" (sogro de Pozas), Flores, Julia e Primitivo Cancio
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.