lunes, 27 de septiembre de 2010

Erea, portada da revista “Corricolari”

O pasado mes de xuño a revista de atletismo Corricolari publicaba na súa portada a foto dunha das nosas atletas e veciña de A Pontenova.
Erea Rodríguez, alumna da escola de Ventura dende que tiña oito aniños, foi sorprendida na XXXIII Maratón de Madrid cando acompañaba a un dos seus colegas, e tamén veciño, Andrés Lombardero, nos últimos kilómetros da carreira.
A atleta, que actualmente reside en Madrid, retomou a actividade neste deporte despois de case un ano e medio de parón, afastada das competicións oficiais, por motivos de estudo e traballo.
A finais de abril deste mesmo ano, incorporouse a un grupo de entrenamento no prestixioso centro de alto rendemento Joaquín Blume de Madrid, onde acaba de comezar unha nova tempada cargada de optimismo e que afronta con moito entusiasmo.
Ó longo deste ano poderemos vela, de seguro, en campeonatos a nivel nacional e en diversas competicións por toda a xeografía española.
É todo un honor para A Pontenova contar con deportistas deste nivel. Moitas gracias por levar o nome de A Pontenova por toda a xeografia nacional. Moita sorte, Erea!!!

LECER NA PONTENOVA


Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.