jueves, 19 de septiembre de 2013

PP de A Pontenova denuncia o incumprimento da Deputación en servizos sociais posto que só aporta un 9% do que custa o Servizo de Axuda no Fogar

• Os populares manifestan que dos máis de 18.000 euros que supón o Servizo de Axuda no Fogar no concello, o ente provincial tan só achega 1.774 euros 

• Jorge García agarda que o rexedor de A Pontenova, Darío Campos, se posicione a favor dos intereses dos cidadáns e non dun goberno provincial que incumpre cos veciños deste concello


A Pontenova 19 de setembro de 2013. O voceiro do PP no concello de A Pontenova, Jorge García, denunciou esta mañá o incumprimento por parte da Deputación Provincial de Lugo cos veciños de A Pontenova en materia de benestar.

Porén, os populares, levarán á sesión plenaria do vindeiro xoves, unha moción, esixíndo ao Ente Provincial, que cumpra coa normativa vixente en materia de servizos sociais, e que achegue os recursos precisos para o financiamento dos gastos íntegros do servizo de axuda no fogar básico e para a contratación de persoal distinto aos traballadores sociais.

Jorge García denunciou que a Deputación de Lugo incumple con este concello mariñán posto que tan só aporta o 9% do que custa o servizo de axuda no fogar.

“Dos máis de 18.000 euros que supón o Servizo de Axuda no Fogar no concello de A Pontenova, o ente provincial tan só achega 1.774 euros”- denunciou o popular.
O voceiro popular agarda que o rexedor socialista, Darío Campos, e o BNG, se posicionen a favor dos intereses dos veciños de A Pontenova e non dos seus homólogos na Deputación de Lugo, que o único que fixeron foi tomar unha decisión totalmente inxustificada.

“Non entenderíamos que o señor Campos optase por defender unha decisión insensible e partidista, que conleva consecuencias totalmente negativas para os usuarios deste servizo, antes de demandarlle aos socialistas e nacionalistas na Deputación que cambien esta decisión”- conclúe.
Nota enviada por PP A Pontenova.

Esquela aniversario José Fernández Pérez "Casa do Cabo - Pipín"


Esquela aniversario María Sánchez González "Casa de Miguel - Villaouruz"


PP de A Pontenova resalta os preto de 18.000 euros que recibirá este concello para desenvolver tarefas en zonas de rede natura.

  • Con estas axudas poderán desenvolverse unha multitude de tarefas, tales como: limpeza, restauración e sinalización de camiños e espazos recreativos, recuperación ou restauración de elementos históricos patrimoniais
  • Estas actuacións están dirixidas a contribuír á biodiversidade e á preservación dos ecosistemas de alto valor natural garantindo a compatibilidade cos valores naturais que cómpre protexer en cada zona e o mantemento dun estado de conservación favorable para os hábitats e as especies de interese de cada espazo dentro da Rede Natura 2000 de Galicia.
Pontenova, 16 de setembro de 2013.- O voceiro do PP en A Pontenova, Jorge García, puxo, esta mañá, en valor, a achega do goberno galego para a recuperación e conservación dos espazos naturais neste concello mariñán, que forman parte da Rede Natura 2000.

“A Xunta de Galicia investirá 17.943,35 euros a distribuír entre o ano en curso e o 2014 para recuperar e conservar os espazos naturais de a Pontenova”- resaltou o popular, quen mostrou a súa satisfacción por esta boa nova.

Jorge García lembrou que estas actuacións están dirixidas a contribuír á biodiversidade e á preservación dos ecosistemas de alto valor natural garantindo a compatibilidade cos valores naturais que cómpre protexer en cada zona e o mantemento dun estado de conservación favorable para os hábitats e as especies de interese de cada espazo dentro da Rede Natura 2000 de Galicia.

“Gracias a estas axudas, poderán desenvolverse unha multitude de tarefas, tales como: limpeza, restauración e sinalización de camiños e espazos recreativos, recuperación ou restauración de elementos históricos patrimoniais”- manifestou o popular, quen lembrou que a Rede Natura 2000 é un instrumento creado por unha Directiva da Unión Europea dirixido á conservación do medio natural, e a través do que se busca brindar a oportunidade de aproveitar as vantaxes económicas e sociais que unha xestión adecuada dos espazos naturais pode reportar, facilitando e potenciando aquelas actividades que, sendo compatibles coa conservación da natureza, contribúan á mellora da calidade de vida e, por extensión, ao desenvolvemento do territorio rural galego.

Concluíu Jorge García agradecendo á Xunta de Galicia a súa colaboración neste eido, o que mostra a aposta por conservar estas zonas.

Nota enviada por PP A Pontenova.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.