lunes, 26 de enero de 2015

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 7

GRAN TRIUNFO NUN CAMPO MOI DIFICIL

MONDOÑEDO C.F. 0 - SPORTING PONTENOVA 1

Venancio, autor do único gol do encontro

Sp. Pontenova: Rubenón, Puente, Bruno, Anxo, Villi, Ivan Fdz (Borja Lombardero), Maketo, Garboso (Jorge), Keitas (Tontxu), Venancio (Villaouruz) e Adrian Pasarín (Caseto).


Gol: Venancio, min 57´

Bo partido o disputado polo cadro gualdinegro na súa visita a Mondoñedo. Comezou mal o equipo de Dani Moiron, que tardou 25 minutos en asentarse no terreo de xogo, ata daquela o Mondoñedo foi superior e tivo un par de ocasións para abrir o marcador, pero Rubenon nunha ocasión cunha gran parada e Villi noutra sacando sobre a liña un bo remate de cabeza impedirono. A partir o minuto 25 o equipo visitante comenzou a mover o balón con criterio, e a impoñer o seu ritmo e fixose dono e amo do partido. Chegaríase o descanso co resultado inicial de 0-0.
Na segunda metade o Pontenova xeraba bo xogo e ocasións ante un rival que lle puxo as cousas moi dificiles, e que apena creaba perigo sobre a portería de Rubenón. No minuto 57, Venancio, tras unha gran asistencia de Jorge, facía o único tanto do encontro, que lle daba os 3 puntos o equipo da Mina. Dende ahi ata o final, o Mondoñedo subiu as súas liñas e apretou, pero o Pontenova soubo defenderse ben, é ainda que sufrindo moito, o resultado non correu perigo.

Con este resultado o equipo de  Dani Moirón está moi preto de conseguir o obxectivo da salvación, con 12 xornadas ainda por disputar.

A vindeira xornada o Sporting recibe o S.D.C. Sacido, que se sitúa un posto por encima na clasificación. O partido será o domingo  1 de Febreiro as 16:15h no Campo da Mina. 

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL. GRUPO 7

O LÍDER É MOITO LÍDER

VIVEIRO C.F. 6 - SPORTING PONTENOVA 0

Sp. Pontenova: David, Bruno, Javi, Alvaro, Adrian, Borja, Rodrigo, Juan, Carrick, Roi e Cristian. Tamen Xogaron: Marcos, Mateo, Cube, Jose Luis e Dani. 

O Sporting Pontenova nada puido facer ante o líder da categoría na súa visita o Campo do Cembedo. Os pupilos de Andrés Bouza aguantaron ben a primeira metade, conseguindo chegar o descanso co empate a 0 inicial.

O pouco de comenzar a segunda parte, recibian o primeiro gol local, e a partir dese intre, baixaron os brazos ata encaixar o 6-0 final.

O vindeira xornada, logo de tres partidos actuando como visitantes, volveran xogar como locais, no Campo da Mina, o sabado as 16:00h contra a S.D. Viveiro.

¡AÚPA SPORTING!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.