miércoles, 27 de noviembre de 2013

Sabado, Sabadete...


Este sábado regresa o fútbol o Campo da Mina e farao por partida doble.

En horario matinal o equipo xuvenil enfrontararse a S.D. Ribadeo as 11:30h co obxectivo de seguir mellorando progresivamente e na busca dun resultado positivo. 
Andrés Bouza contará coas baixas do expulsado Roi Campos e o lesionado Oscar. O resto de efectivos estarán dispoñibles para o encontro.

As 16:15h será o turno para o equipo de Segunda Rexional, que non se pode despistar se non quere pasar apuros clasificatorios ao final da tempada.

O rival será o C.D. Santaballés, un equipo que aventaxa os gualdinegros en 7 puntos na clasificacion. 

Dani Moirón contará coas baixas de Lolo por sanción, Venancio e Ivan por lesion e Luisín e Rivas por motivos persoais. 

Dende a entidade Sportingüista queren agradecer o apoio que está recibindo este ano equipo, tanto nos partidos como local como no desplazamento a Riotorto, que nos fixo sentir como na casa. Esperamos poder adicarlle un victoria este sábado a todos eses sufridores que non acompañan.

¡Aúpa Sporting!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.