lunes, 11 de septiembre de 2017

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

PRIMEIRA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 3

S.D. PÁRAMO 1 - SPORTING PONTENOVA 2



Sp. Pontenova: Rubenón, Davicín (Moro), Fran Fiallega, Bruno Bouza, Salva (Villi), Andres Bouza, Borja (Tontxu), Adrian Pasarín, Jorge (Franchi), Charly e Matelo.

Goles: Charly e Adrian Pasarín

Once Inicial do S.D. Páramo - Sporting Pontenova 
O Sporting Pontenova conseguiu a súa primeira victoria na presente temporada, na que regresaba a 1ª Categoría Autonómica Rexional 20 anos despois, no seu primeiro partido a domicilio.

Comezaba dubitativo o partido para o equipo de Dani Moirón, que saiu moi metido no partido, consciente da dificultade que supón o cambio de categoría e especialmente os partidos a domicilio, con duas boas ocasións de gol e moi serios en defensa, pero axina se complicarían as cousas cando a S.D. Páramo se fixo co control do xogo e no min 33 subía o primeiro gol ao marcador, resultado co que se chegaría ao descanso. 

Xornada 2. Resultados e Clasificación Oficial
Na segunda metade trocaron as cousas, o equipo gualdinegro tras o paso polos vestiarios e os reaxustes tácticos precisos xunto cos cambios introducidos deulle outro aire o encontro, conseguindo remontar o partido, primeiro tras un penalti cometido sobre Andrés Bouza que transformou Charly  no minuto 68 e cando o partido estaba chegando ao seu fin, Adrian Pasarín colocaba o definitivo 1-2 para a ledicia da bancada visitante, que se desplazou cun bo número de aficionados ao Campo de As Rapadas para poder disfrutar da primeira victoria do seu equipo.

Con este resultado o equipo suma puntos e colocase no anecdótico 4º posto da clasificación, non coñecendo ainda a derrota tras duas xornadas disputadas. 

A vindeira xornada, o Sporting Pontenova recibe ao Taboada C.F. no partido correspondente a Xornada 3 da Primeira Autonómica Rexional Grupo 3, que se disputará o Domingo 17.09.2017 as 17:00h no Campo de A Mina. 


¡Aúpa Sporting!

Espectaculares rincones por descubrir en A Pontenova

.
Foto: Carlos Gabino

Ana Glez Margaride gana a V Carreira Popular “Benquerencia Terra Mar”

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.