miércoles, 13 de noviembre de 2013

VAMOS SPORTING...!

SPORTING PONTENOVA (2ª REXIONAL)

O Sporting Pontenova ten un importante compromiso esta fin de semana no Campo da Mina. A igualdade reinante na categoría polo momento fai que sexa un partido de doble filo para o cadro gualdinegro, xa que, ten a tiro o quinto posto, pero os equipos que veñen por detrás están apretando, polo que unha derrota deixaría o equipo nunha situación complicada. 
Na xornada pasada o equipo caia no Campo da Arbol, no Valadouro por un contundente 3-0 ante o colider da categoría nun partido dificil fronte a un gran equipo. 
O partido desta xornada, será o domingo as 16:15h no campo da Mina ante o C.D. Foz, que ven de derrotar por 6-2 ao A.D. Luis Pimentel na anterior xornada, un equipo que se amosa moi forte como local, pero perde credenciais cando xoga de visitante, polo que entre todos, temos que facer do Campo da Mina un fortin para asentar o equipo nos postos comodos da categoría. 
Na tarde de onte confirmouse unha mala nova para o equipo dirixido por Dani Moirón, que perderá durante 3-4 meses a Venancio por unha rotura total do ligamento cubital da man esquerda. Polo resto, todos os xogadores do plantel estarán dispoñibles para o partido do domingo, recuperando a xogadores clave que non puideron estar co equipo a xornada pasada como: Arango (por sancion), Lolo, Maketo, Carlos, Puente (por motivos persoais), Tonxtu (por motivos laborais) e Ivan Fernández (por lesion).
Non te perdas esta importante cita e ven animar o teu equipo.

¡Aúpa Sporting!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.