viernes, 18 de marzo de 2011

O BNG da Pontenova pídelle ao goberno local traballo e esforzo para a búsqueda de solucións.

 A colocación da pasarela sobre o Río Eo, na vila da Pontenova, segue a provocar reaccións entre as veciñas e os veciños do Concello.
    Desde o BNG local pídeselle ao Concello que aclare a finalidade da pasarela xa que existen contradicións entre o que este di e o que mostra a Confederación, xa que desde este organismo se segue a defender que a pasarela foi concebida unicamente para paso de peatóns.
    A pasarela que conta con 3 m de anchura fai case imposible un uso misto de coches e persoas dunha maneira mais ou menos fluída. Segundo fontes do grupo nacionalista  pénsase que o que está a facer o goberno socialista é enganar ás veciñas e aos veciños ao non recoñecer estes feitos, e mostrando de novo a súa incompetencia á hora de defender os intereses do Concello.
    Segundo palabras da portavoz municipal, Mónica Rancaño “desde o BNG da Pontenova pensamos que o que precisamos as veciñas e os veciños son solucións e xente competente que traballe por acadalas. A realidade é que a pasarela non resolve o paso simultáneo de vehículos e de peatóns, co que os responsables políticos, neste caso o Concello teñen que asumir as súas responsabilidades”.
    A posición do BNG da Pontenova segue a ser a mesma que ata o dagora. Desde esta forza política sempre se defendeu a necesidade de que a nova pasarela fora de uso misto para vehículos e para peatóns, e reclámaselle ao actual alcalde socialista, que non minta sobre este asunto.
    Desde o grupo nacionalista tamén se fai fincapé na falta de seguridade da nova pasarela, xa que, segundo palabras do responsable municipal, Jorge Gómez Rico, “as barandillas son escalables polos rapaces ao tempo que a proximidade dos coches a o seu paso dificulta moito o paso dos peatóns cunhas mínimas garantías de seguridade.

La selección de Japón se medirá a un combinado comarcal el día 27 en Burela


La selección nacional de fútbol sala de Japón, dirigida por el español Miguel Rodrigo, visitará el próximo día 27 el pabellón burelense de Vista Alegre para medirse a un combinado comarcal.
La selección mariñana estará dirigida por el entrenador del Burela FS, Suso Rey, y contará con jugadores del propia cuadro burelense, del Superti-A Pontenova, de Primera Nacional A, del Concello de Trabada, de Primera Nacional B.
Este amistoso, que empezará a las 19.30 horas y cuya entrada será gratuita, se enmarca dentro de la gira que realizará el conjunto nipón por Portugal y España entre el 19 de marzo y el 1 de abril, y donde jugarán un total de ocho partidos. En las filas del conjunto japonés destacan los jugadores del Gestesa Guadalajara Kensuke Takahashi y Shota Hoshi.

EXPOSICIÓN “O POBO DAS NÉBOAS” NO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO (lecer na pontenova)



Inauguración no museo provincial de exposicíon de fotografías de Vicente Ansola para o seu libro "O Pobo das Néboas". Picar na imaxe para ver a galería.

Entrada editada en 18/03/11  11:44 por pontenova.es
    A inauguración da exposición fotográfica de Vicente Ansola sobre o seu libro “O Pobo das Néboas” tivo lugar onte, xoves 17, no Museo Provincial ás 20:00 h da tarde. A ela asistiron numerosas persoas, que puideron ser testemuñas da estrea desta exposición no refectorio do Museo Provincial de Lugo, entre elas veciñas e veciños da Pontenova que  puideron desprazarse ata alí de forma gratuíta grazas a un autobús financiado pola Área de Cultura da Deputación.

    A exposición permanecerá uns 15 días no Museo, co que desde aquí vos animamos a que a visitedes, xa que é unha ocasión única para ver o noso Concello desde a óptica deste fotógrafo cántabro.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.