Foto de archivo |
O CURA
Don Justo Pelaio Rendueles Magdalena, naceu en Terras de
Doiras, perto de Boal das Asturias, fillo de nai tecedora e amañadora de corpos
e de pai mineiro en Cabaña Quinta. O seu tio avó, por parte de nai, Don Remigio
María Magdalena Loureiro, capelán da feligresia de Navia de Luarca, natural de
Lindín, estivo sempre pendente da familia da sua sobriña Conchita, sobor todo,
porque ila non gozaba de moita saude e tiña os meniños xemelgos, Justo e
Carmina, xa que o home andaba todo ano
de picador pola mina e fora dela.
A Monseñor Remigio, despois dun tempo,
trasladárono ao posto de Vicario da Catedral de Mondoñedo e, ao tempo,
nomearono xefe espiritual e administrador do Convento de Clausura Las Escravas
do Noso Señor.
Justito era un neno moi sensibel, amigo de ir
a escola, rillador de pizarros de tanto escribir