domingo, 20 de junio de 2010

sitemap


Camiño de Santiago. Etapa #8 Monte do Gozo - Catedral de Santiago de Compostela

FIN! Chegamos aló! Despois de 5 kms que se fixeron coma se fosen 2. Na Oficina do Peregrino media hora de cola; pero para abrazar ao Apóstol Santiago máis dunha hora! E iso porque fumos cedo. Despois de todo isto, unha voltiña por Santiago adiante que aínda prestou ben. Agora a relaxarse os domingos, que ata dentro de 11 anos non volve a ser Ano Santo.

Está pensado facer unha comida na Pontenova para celebralo, aínda que polo de agora non se sabe o lugar, data, hora e precio.

Para ver as fotos pinchade na imaxe.

LECER NA PONTENOVA

Ano 1963 día do santo do mestre, sempre lle tíñamos un agasallo e en agradecementeo convidanos a chicolate con doce. Parecemos a roxa sen equipamento, Dereitos. de esquerda a dereita: Manolo de Canelas de Eirixua, Pepe Aenlle (Ferreiro de Liñeiras), Pedro de Roque (Pipin), Atilano Muruais de Vilarmide, José Luis o Lilo, Machado de A Pontenova,, logo, engruñados, Antón Rico, Ramón o Mariñeiro, Avelino do Lilailo, Ramón Arango, Antonio currás (Foxas) "O Gordito".
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.