miércoles, 8 de enero de 2014

8 de Enero de 2014 Funeral de María Aurora Díaz Lorido " Casa María de Brandiz"

Comunicado A.C.D. AS MINAS A Pontenova


Somos a Asociación Cultural e Deportiva “AS MINAS” e dirixímonos a vos co obxectivo de informarvos de varias novas.

A primeira delas é a confirmación dunha nova directiva na que destaca  tanto a inclusión de varios membros como a marcha doutros que a estaban a formar. A principal baixa é a de Daniel Veiga López “Plenario”, presidente e fundador da Asociación e que despois de 8 anos viuse obrigado a renunciar á mesma debido a motivos laborais.
No apartado de “fichaxes” para a nova directiva chegan Francisco Louzao Puente, Santiago Coladas-Guzman García, Lucía Lastra Quintela e o regreso de Miriam Rivas Lozano.
Por iso, e despois de varias reunións, a Asociación queda finalmente constituida por:
- Luis Miguel Rivas Lozano ( Presidente)
- Manuel Miranda Acebo (secretario),
- Avelina Carballal Pedrosa (Tesoureira),
- Anxo Ginzo Camino (Vocal)
- Miriam Rivas Lozano (Vocal)
- Francisco Louzao Puente ( Vocal)
- Santiago Coladas-Guzmán García (Vocal)
- Lucía Lastra Quintela (Vocal)

Outra das novidades é que a Asociación comeza con aires e ilusión renovadas, e  de feito que un dos principais obxectivos é a obtención dunha masa social maior por parte dos veciños do pobo. Para iso, voltaremos  a contar coa posibilidade de facerse socio da Asociación, cun custo reducido de 10 euros, cantidade que se verá mermada polos descontos  que se lles realizará nalgunha das actividades que levaremos a cabo durante o ano.
Por último, gustaríanos  recordar que o principal fin é publicitar o noso pobo ademáis do fomento de acontecementos culturais como o Festival  das Minas que xa vai pola 8ª edición. Para iso necesitamos a colaboración e a implicación da maioría de todos vos, para que todos xuntos tratemos de facerlle medrar ó pobo.

Un cordial Saúdo.

VOLVE O FÚTBOL O CAMPO DA MINA. ¡AÚPA SPORTING!


Un Sporting en situación perigosa recibe a A.D. Luis Pimentel, no que será o comenzo da segunda volta e a estrea do equipo neste ano 2014. Quedan por diante 15 partidos, que sen  dúbida estará cheos de emoción.

Tras a sensible baixa de Borja (Porteiro) por motivos laborais, o club gualdinegro acaba de incorporar a Ivan Lombardía, porteiro veteranos que xa estivera no clube en temporadas anteriores. Tamen chega neste mercado invernal Ivan Villauruz, tras un ano sabático. 



Para este transcendental partido, o técnico local non poderá contar con Fran, Luisín, Venancio e Maqueto por lesión. O resto do plantel estará dispoñible para recibir a un equipo, que chega nunha posición cómoda, e ao igual que o equipo local ten como obxetivo salvar a categoría pasando os menores apuros posibles.

O partido dará comenzo as 16:00h no Campo da Mina. ¡Esperámoste!

¡Aúpa Sporting!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.