lunes, 24 de marzo de 2014

II CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS


A II Carreira popular das praias celebrarase o 17 de maio de 2.014, con circuitos infantiles e adultos.
Inscripción gratuita. Prazo límite 14 de maio.

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA CATEGORIA REXIONAL

O SPORTING SEGUE COA MALA XEIRA DE RESULTADOS

C.D. FOZ 1 - SPORTING PONTENOVA 0

Sp. Pontenova: Juan, Luismi, Luis, Arango (Manu), Villi, Villaouruz (Ivan), Anxo, Patxi (Iago), Jorge, Tontxu (Carlos) e Puente.

A mala racha Sportingüista alongase nun período da temporada complicado. Xa son 4 as xornadas que o equipo gualdinegro leva sen gañar, dende que o fixera o 23 de Febreiro en fronte a S.D. Cervo. 


Nesta xornada o equipo dirixido por Dani Moirón non puido traer nada positivo do Martinez Otero de Foz, nun mal partido dos visitantes que encaixaron o gol da derrota no min. 85 tras unha falta lateral. 

Nun final moi tenso, polo mal comportamento de varios xogadores locais, a peor noticia chegou no tempo de desconto, unha agresión dun xogador local a Carlitos, que a espera de confirmación, parece unha fractura de mandíbula como consecuencia do forte golpe. 

Na vindeira xornada visitará a Mina o Riotorto C.F., equipo que chega nunha situación clasificatoria moi cómoda logo da victoria desta semana contra o Luis Pimentel. O partido será o domingo 30 as 16:30h no Campo da Mina.

VETERANOS

O EQUIPO VETERANO DESPIDESE DA COPA

SPORTING PONTENOVA 0 - S.D. BURELA 3

Sp. Pontenova: Rodriguez, Carlos Sando, Sachas, Barrera, Marino, Fidel, Manolo Gavelo, Ramon Xudan, Caseto, Juanfri e Dario. Tamen Xogaron: Nihat, Ramon Tren, Pablo Xinzo e Lopez.

O equipo veterano non puido ter peor estrea como local, caendo por 0-3 contra un bo Burela. Un baixón de rendemento de 15 minutos fatídicos,  do min. 50 ao 65 fixo que o equipo dirixido por Sachas encaixara os 3 goles e non conseguiu meterse de novo no partido.

Con este resultado o equipo queda eliminado da Copa do Norte de Veteranos. 

O proximo encontro será o dia 12 de Abril as 17:30h no Campo do Arbol en Valadouro, no que será a 4ª Xornada da Liga do Norte de Veteranos.

¡Aúpa Sporting!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.