jueves, 26 de mayo de 2011

Triangulo Dos Trasnos


… e os nenos de Bogo e Sampaio cando se xuntaban cos de Vilarxubín, falabamos dos ananos que, cando xa caseque nos era imposible abrir os ollos, irrompían nos nosos cuartos, inquedos e revoltosos…

Para seguir lendo este relato que nos envía Amparo invitamoste a visitar o seu interesantisimo  blog:
http://amparograndio.wordpress.com/

Esquela aniversario Rogelia Costa Rodríguez "Casa Veiga - Pipín"

«Non considero ningún drama competir en Primeira B»


Tras dúas tempadas en Primera Nacional A, o Superti-A Pontenova volve á B logo de completar unha primeira volta desastrosa e unha segunda metade de competición moito máis atinada. A pesar do primeiro descenso da súa historia, o presidente da entidade, Manolo Piñeiro (A Pontenova, 1970), ponlle un seis á campaña do equipo.
-¿É unha tempada para esquecer?
-Eu penso que non é para esquecer, porque de todas se aprende algo e porque, ademais, creo que na vida sempre se aprende máis das situacións negativas que das positivas. Foi unha tempada na que, se cadra, non estivemos demasiado atinados á hora de realizar as fichaxes ao principio, cuestíon na que asumo a miña parte de culpa, e por determinadas causas unha serie de xogadores non remataron por callar. Non tivemos sorte con Israel, Dani Carrera, Fredi, Nono e Samuel, que non encaixaron deportivamente pero tiveron un trato humano bo. Con moita diferencia, a peor situación produciuse con Toni. Supuxo unha decepción moi grande, debido ao trato que tivo cara os compañeiros, o club e a directiva.
-¿Cal foi a clave do descenso?
-A mala primeira volta, onde sumamos só sete puntos e botamos por terra calquera posibilidade de salvarnos. Na segunda fixemos 16 e, en todo caso, cun número de descensos normal, libraríamonos de baixar.
-¿Podería saír o equipo aínda en Nacional A?
-Sendo prudentes, a día de hoxe non nos pasa pola cabeza competir en Nacional A. De feito, motívame tanto facelo na B como na A e non o considero ningún drama. En teoría os custos de Primeira A van ser moito máis altos a vindeira tempada, moi próximos aos de Prata, mentres que os ingresos son moito máis pequenos. En todo caso, é lamentable que a Federación aínda non comunicara oficialmente cantos equipos van baixar finalmente.
-¿Haberá cambios na plantilla?
-Si, imos facer unha renovación importante na plantilla para intentar rexuvenecela.
-¿Seguirá Josiño como adestrador?
-O único seguro de momento é que segue a directiva. Estamos empezando a analizar a xente que queremos que continue.
-¿Cal foi a maior satisfacción?
-Sen dúbida, as categorías inferiores, porque ves a mellora. Esta labor débeselle a Josiño.
Manuel piñeiro presidente del superti-a pontenova

Resultado das Escolas Deportivas na Copa Mariña

O pasado sabado disputouse en Burela a fase final da Copa de A Mariña coa presenza dos equipos benxamin e alevin do EDM-Superti.
Os benxamins lograron un meritorio segundo posto despois de gañar na semifinal o Burela na tanda de penaltis,perdendo na final diante do todopoderoso Praia de Covas,campion de liga,de copa e subcampeon provincial.
Por outra banda o equipo alevin quedou clasificado en terceiro posto despois de perder nas semifinais contra a Lourenza na tanda de penaltis e gañar na final de consolacion por 5-2.Con este torneo ponse punto e final a tempada deportiva que se saldou co titulo de Campeon da zona de a mariña do equipo Alevin e do Subcampeonato de Copa do equipo Benxamin.A Todos a mais sincera enhoraboa.


FOTO.De izquierda a derecha, arriba Josiño(adestrador), Pedro, Paula, Alvaro, Miguel, Fran, Juan, Roi, Andrei, Anxo, Manolo Piñeiro(Adestrador)
abajo, Pablo, Fernando, Luis, Roberto, Xian, Iago, Adrian, David, Xoel, Esteban
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.