Ferreiría de Bogo, en A Pontenova. ROSENDE
Un francés adquiriu hai apenas tres meses a Ferrería de Bogo, un complexo hidráulico de muíños e forxa que data do século XVI e que o Concello pontenovés tratou de pór en valor, intentando comprarllo aos seus lexítimos propietarios. A inmobiliaria Aldeas Abandonadas, responsable da venda, chegou a mostrarlla a varios empresarios estranxeiros: un dos últimos, de orixe árabe. O comprador, que se fixo finalmente co lugar por máis de 300.000 euros, proxecta convertelo nun centro etnográfico de referencia na comarca, que inclúa un museo de interpretación do pan.
O propietario galo, que prefire permanecer polo momento no anonimato, está xubilado, pero entre unha serie de negocios que herdaron os seus fillos, figura precisamente unha cadea de panaderías.