martes, 14 de octubre de 2014

A protesta de Conforto esténdese a todas as parroquias da Pontenova

13/10/2014 - M.A.N. / El Progreso (A Pontenova)
A protesta veciñal de Conforto estenderase a todas as parroquias do municipio da Pontenova con novas mobilizacións similares á efectuada onte en Santa María, que se prolongou por espazo dunha hora. As concentracións serán os domingos, posiblemente á hora de saída das misas, e contarán cunha representación de todas as parroquias, que se apoian unhas a outras nesta loita.
Ao redor de cen persoas secundaron a concentración convocada para as once da mañá de onte diante da igrexa de Santa María. O horario da convocatoria fixouse para respectar a misa da tarde, dado que desvinculan ao novo párroco do conflito. Os asistentes procedían das parroquias de Villaodriz, San Pedro de Bogo, Villameá, San Esteban, Villaboa, A Pontenova e da propia Conforto.

Floristería Azu. A Pontenova 1 de Noviembre, Día de Todos los Santos

Se recogen encargos a partir de este momento: centros , ramos, plantas,  y todo tipo de composiciones florales.




Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.