domingo, 1 de marzo de 2009

Fernando Veiga Xefe de xeriatría do Xeral-Calde en Lugo


Convidado pola Asociación San Pedro da Ribeira de Saldoira, o xefe de xeriatría do Xeral-Calde de Lugo Fernando Veiga (Herbelle-A Pontenova, 1962) ofreceu onte unha charla no centro Blanca Muruais para falarlle aos seus paisanos de como envellecer satisfactoriamente.

Entrevista





-¿Como chega o galego á vellez?

-Ben, os galegos saben envellecer bastante ben, sobre todo no rural, onde seguen traballando e manténdose activos aínda que agora quedan moitas aldeas pero con pouca xente.

-Pois aínda hai centenarios por Galicia, ¿cales son as claves?

-O obxectivo da xente non é chegar aos cen. A clave é a sorte, ter unha boa xenética e ter unha vida e un estilo de vida que te aparten dos factores de risco cardiovascular. É fundamental, como manter unha vida activa e facer un o que lle gusta. Na charla falo largo e tendido de prevención dos factores de risco, da tensión, colesterol, estres, tabaco, obesidade, diabete... e tamén lles falo do cancro , que é outra das enfermidades que acaba coa xente. Tamén falo do diagnóstico precoz. E dos síndromes xeriátricos, problemas como a perda da memoria, a incontinencia urinaria, as caídas tan importantes que non viñan nos libros de Medicina cando eu estudei... ¡e cantos vellos morren nas caídas!

-¿E fala do sexo na terceira idade?

-Cando lles falo de sexualidade nas charlas abren os ollos e a boca. Algo si que lles comento sobre a vida sexual na terceira idade... e se non llelo comentas, pregúntanche.
VOLVER
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.