miércoles, 2 de noviembre de 2016

Superti F.S. vs Santiago Futsal "B"



Comparte en facebook e axúdasnos a chegar a máis xente.

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

"O SPORTING É MÁIS LÍDER"

SPORTING PONTENOVA 2 - C.D. ALFOZ 0


Sp. Pontenova: Ruben (Xoel), Luis, Bruno, Hector, Villi, Borja (Davicín), Andres Bouza, Nabriga (Jorge), Tontxu (Puente), Adrian Pasarín e Matelo (Alex).
Xornada 9. Resultados e Clasificación Oficial

Goles: Tontxu e Borja

O Sporting Pontenova foi superior ao alfoz e continúa lider. O C.D. alfoz defendeuse ben na primeira metade e logrou chegar ao descanso co 0-0 incial. Pero na reanudación, o equipo de Dani Moirón saiu a por todas e un gol de Antonio nunha contra e outro case seguido de Borja dixaban decantado o partido. Dous canteiráns levaron ao equipo gualdinegro a conseguir a súa séptima victoria. 

O Alfoz subiu liñas pero apenas inquietou a un Pontenova que se adicou até o final do partido a conservar o resultado. 

A vindeira xornada o Sporting Pontenova desplázase ao dificil Campo de Santa Cruz (Vilanova de Lourenzá), para medirse ao todopoderoso E.D. Lourenzá. O partido terá lugar o sábado 05.11.2016 as 16:15h. 


 PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

S.D. RIBADEO 6 - SPORTING PONTENOVA 1

Sp. Pontenova: Diego, Javi, Mateo, Cube, Anxo, Alvaro, Juan, Roi, Andrei, Ivan e Juan. Tamen xogaron: Neira, Joselu, Marcos, Dani e Pedro Vadin.

Gol: Juan

O Ribadeo gañou con contundencia ao Sporting Pontenova nun choque no que os do Pepe Barrera foron os claros dominadores do partido en todo momento.

O inicio local foi espectacular e así encadeou ata cinco saques de esquina seguidos de inicio, pero sen gol. aínda sí, o poderío local fixose evidente con dous tantos antes do minuto 10, que puxeron a vitoria moi de cara para os locais. Rebasado o minuto 20 chegaron outros dous tantos para colocar o 4-0 antes do descanso.

No segundo tempo o Pontenova recortou distancias e foise máis arriba ante un cadro local que baixou un pouco ritmo. Pero pasaron escasos minutos tralo 4-1 ata que chegou un novo gol do Ribadeo, que aínda tivo tempo para facer o sexto antes do final.

A vindeira xornada será o sábado 05,11.2016 as 11:00h no Campo da mina contra o C.D. Cospeito.

SEGUNDA NORTE ALEVIN

E.D. LOURENZA 8 - E.D.M./SPORTING PONTENOVA 0


Sp. Pontenova: Paulo, Marcos, Samuel, Isma, Paula, Mario, Kevin e Leandro. Tamen xogaron: Diego, Ruben, David e Bruno. 

O equipo dirixido de Xosé Miranda, que conta cun plantel moi novo, formado por Benxamins e Alevíns, está nun proceso de adpación e aprendizaxe que, a ben seguro nos encherá de ledicia nun futuro próximo.


Proximo partido, sábado 05.11.2016 as 13:00h no Campo da Mina contra o Racing Vilabés "B"

¡AÚPA SPORTING!

Los emigrantes crearon sociedades, ligas agrarias y sindicatos en toda A Mariña

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.