SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL
SPORTING PONTENOVA 3 - A.D. FERROVIARIA 0
|
Xornada 11 |
Sp. Pontenova: Ruben, Puente, Luisín, Mac (Borja), Villi, Jorge Gomez (Garboso), Tontxu, Moro (Keitas), Jorge Moirón, Couxela (Alex) e Adrian Pasarín.
Goles: Jorge Moirón II e Adrian Pasarín.
O Sporting Pontenova, impúxose a A.D. Ferroviaria, encádenando a súa terceira victoria consecutiva e facendo 19 puntos de 21 posibles.
Empezaba como un ciclón o equipo gualdinegro, tendo tres claras ocasións nos primeiros 5 minutos, pero non as aproveitou a a Ferroviaria veuse arriba e fixo unha boa primeira metade, errando incluso un penalti maxistralmente parado por Ruben. A piques de chegar o tempo de lecer, Jorge, de penalti, adiantaba o equipo local.
|
A. Pasarín. Anotou o seu 7 gol |
|
J. Moirón. Autor de dous goles |
Na segunda metade o Sporting saiu mellor e froito deso, Adrian Pasarín sobre o minuto 65 provocaba outro penalti e a expulsión do porteiro visitante. Jorge volvería transformar a pena máxima. Dez minutos mais tarde, Adrian Pasarín cerraba o marcador co seu séptimo gol en liga. Dende ahi ata o final o equipo de Dani Moirón puido aumentar a súa renta pero non estivo acertado hacia a portería contraría.
A vindeira xornada o equipo visita ao todopoderoso Riotorto C.F., domingo as 16:15h no Campo da Veiga en Riotorto.
PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL
S.D .RIBADEO 4 - SP. PONTENOVA 0
Sp. Pontenova: Mateo, Ivan Veiga, Pedro Vadin, Alvaro, Christian Nabriga, Fran Fiallega, Anxo Salgado, Juan Ginzo, Andrei Marian, Roi Campos e Jose Luis. Tamen Xogaron: Cubelas, Pedride, Jesus Miranda, Marcos Veiga e Dani Nabriga.
O equipo xuvenil segue inmerso na sua xeira negativa, caendo outra vez por goleada no Pepe Barrera ante o Ribadeo.
O Ribadeo foi dono e señor do partido, ante un Pontenova que acusou, unha vez mais, o escaso número de xogadores que acuden aos adestramentos durante a semana. O resultado ao descanso xa era de 3-0, cerrando o partido nos minutos finais co 4-0 definitivo.
A vindeira xornada o cadro de Andrés Bouza recibe ao C.D. San Ciprian coa idea de cambiar a xeira de resultados.
SEGUNDA NORTE ALEVIN
SP. PONTENOVA 4 - RACING VILALBÉS "B" 6
Sp. Pontenova: Raúl, Marcos, Alex, Ivan, Xacobo, Nerea, Jesús e Paula. Tamen Xogaron: Iago e Mario.
Goles: Alex II, Nerea e Iago.
O equipo Alevín, que acusou moito as baixas de tres xogadores importantes non puido co Racing Vilalbés. Os 15 minutos, perdia por 0-3, pero a casta dos pupilos de Xosé Miranda fixo que conseguiran o empate a 3-3.
Na segunda metade o partido caeu para o cadro chairego co definitivo 4-6.
A vindeira xornada os alevíns visitan a cidade do Landro para medirse as E.F. Viveiro.
SEGUNDA NORTE BENXAMIN. LIGA MOVISTAR
SP. PONTENOVA 6 - RACING VILALBÉS "B" 0
Sp. Pontenova: Paulo, Marcos, Ismael, Mario, David, Paula, Iago e Ruben. Tamen xogaron: Jonathan, Iker, Diego e Oscar.
Goles: Paula, David, Oscar, Propia Porta e Ruben II
O equipo benxamin segue invicto, coliderando a clasificación xunto coa A.D. Porto de Burela.
Nesta xornada impuxéronse por un contundente 6-0 ao Racing Vilalbés nun partido que dominaron de inicio a fin.
A vindeira xornada visitan o líder, A.D. Porto de Burela.
¡AÚPA SPORTING!