viernes, 5 de marzo de 2010

SPORTING PONTENOVA - U.D. PASTORICENSE

 
16:30h         CAMPO DA  MINA


Importante partido o que se disputará na vindeira xornada no Campo da Mina. O equipo local necesita 11 puntos a falta de 6 encontrospara proclamarse matemáticamente campión de liga e así xogar a fase de ascenso a Liga Galega por segundo ano consecutivo. O rival, o sempre dificil Pastoricense, que logo do 0-4 encaixado na primeira volta no Campo do Acebreiro, queren vir roubar os puntos o Campo da Mina, quinto clasificado e un rival sempre a ter en conta.
Dende o Sporting Pontenova, pídese o apoio do público, para as próximas xornadas, sobre todo nesta que pode ser un golpe definitivo na clasificación, e intentar así o ascenso a Liga Galega, que sería un éxito tanto para entidade como para o pobo en xeral.

LECER NA PONTENOVA

Diante da casa de Flores, podemos recoñocer a Jesús Alonso (O Violo de Vilaxe) Pepe de Villadonga, Flores e Rosa,Perillán de Vilaoudrid, Nidia, Américo e Pilar con Maribel e Marina, Maruja de Llán (Taramundi), Esperanza de Santalla, Mariñeiro de Vilaxe, Vitorio de Santalla, o Telo de Conforto, Santiago da Veiga (Sogro de Pozas), Domingo de Villarín (o"Tren"), Toño de Mingón (hirman de Flores e de Vitorio) etc. alo polos anos 50.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.