lunes, 9 de octubre de 2017

Martes 10 de Octubre de 2017 Funeral de Inés Lombardero López "Casa Ovidio - San Mamede" A Pontenova

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

PRIMEIRA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 3

U.D. PASTORICENSE 1 - SPORTING PONTENOVA 0

Xornada 6. Resultados e Clasificación Oficial
Sp. Pontenova: Rubén, Luis (Juan Ginzo), Davicín, Bruno, Tontxu, Andrés Bouza (Couxela), Fran Fiallega, Borja Lombardero (Álvaro Rego), Franchi (Puente), Moro e Adrián Pasarín. 

O Sporting Pontenova non foi capaz de traer nada positivo da sua visita ao Campo de O Acebreiro no partido que o enfrontou a U.D. Pastoricense. 1-0 foi o resultado final, nun partido moi igualado no que o equipo de Dani Moirón acusou as múltiples baixas coas que se presentaba no a xogar este encontro  mais a de Andrés Bouza que se producíu na primeira parte e que lle impediu ao faro pontenovés seguir no Campo. 

Comezaba ben o partido para o Sporting Pontenova, que rápidamente se adaptou as dimensións do campo e que dispuxo dunha boa oportunidade nos pés de Adrián Pasarin que non foi capaz de transformar. O Pastoricense, nunha contra ben levada erraba a súa ocasión máis clara nas botas de Farra, ante un Rubén que aguantou perfectamente. No minuto 30 chegaría a xogada polémica do partido, Andrés Bouza remata a gol un ccórner sacado por Adrian Pasarín, e ainda que pareceu que o balón entrara na portería antes de que o sacara un defensa, o árbitro non concedeu o gol. Co resultado inicial de 0-0 chegaríase ao descanso. 

El Dandy
Na segunda metade, xa sen Andrés Bouza no campo, o equipo estivo ben, con algunha ocasión para poder adiantarse, pero sería o equipo local quen no minuto 54 perforaba a meta de Rubén. Tras ese mazazo o equipo visitante adiantou liñas e asediou a portería local, con duas boas ocasións, unha a balón parado e outra nas botas de Adrián Pasarín, pero unha boa actuación do porteiro local impedia que o Sporting sacase algo positivo. A U.D. Pastoricense puido sentencias nun par de contragolpes ben levado, pero o Sporting conseguiu manterse vivo e con opcións de puntuar ata o final do encontro.

Cabe destacar, a participación no encontro de tres xogadores que ainda están en categoría xuvenil (Alvaro Rego, Fran Fiallega e Juan Ginzo), que están sendo asiduos nos adestramentos e partidos do equipo dirixido por Dani Moirón.

A vindeira xornada o equipo gualdinegro recibe a A.D. Bóveda, nun partido correspondente a Xornada 7, que terá lugar o Domingo as 17:00h no Campo de A Mina. 


PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL. GRUPO 6

C.D. FOZ 3 - SPORTING PONTENOVA 1

Sp. Pontenova: Diego, Alberte, Adrian, Álvaro, Anxo, Juan, Iago Duarte, Esteban, Cubelas, Fran e Ivan. Tamen Xogaron: Pedro Vadim e Miguel.

Gol: Cubelas




L.G.F. SEGUNDA DIVISION FEMENINA. GRUPO 1

RIBADEO FC PONTENOVA 3 - S.D. EIRIS 0

Ribadeo FC Pontenova: Lorena, Sheila, Sabela, Eva, Chary, Lucía, Iria, Carolina, Verónica, Nuria e Ángeles. Tamen xogaron: Irene, Cristina, Bonia e Izaskun.

Goles: Nuria e Verónica II





¡Aúpa Sporting!

Casting programa "Ti verás" da TVG

Resultado de imagen de ti veras tvg
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.