lunes, 23 de diciembre de 2013

Esquela funeral Manuel Iravedra Moirón "Casa Veiga de Prado"


SPORTING PONTENOVA. A XORNADA

Unha de cal e outra de area para o Sporting Pontenova este fin de semana.

Xuvenil


Sp. Pontenova: David, Mourelle, Alvaro, Roi, Trulli, Adrian, Rodrigo, Bruno, Juan, Borja e Ovidiux. Tamen xogaron: Carri, Cubelas, Andrei e Borja.
Goles: Borja Lombardero II e Ovidiux.

O equipo xuvenil, conseguia vencer ao Friol C.F por 3-1, logo de ter que remontar un resultado adverso de 0-1. Os goles foron obra de Borja Lombardero, o primeiro nun libre directo executado de forma maxistral e o segundo tralo saque dun córner. O derradeiro 3-1 firmouno Ovidiux tras unha xogada persoal.

Con este resultado o equipo consegue subir a súa segunda victoria o casilleiro e escalar un posto na clasificación.
2ª Categoría Rexional

Sp. Pontenova: Xoel, Marcos Conde (Otto), Manu (Patxi), Rivas, Villy, Jorge, Arango (Garboso), Anxo, Tontxu (Ivan), Fran e Puente.

A nova triste do fin de semana foi para o equipo de Segunda Rexional, que caeu no Campo da Mina contra un rival directo como a S.D. Pol por 0-1. Os locais foron os encargados de levar o peso do partido, poñer o fútbol e as ocasións, pero a S.D. Pol, nun dos seus únicos tiros a gol durante o partido, nun libre directo escorado, conseguía o gol da victoria.
Con este resultado o equipo vese inmerso nunha situación complicada. Finaliza a segunda volta con 14 puntos, fora dos postos de descenso directo, pero metido nunha zona posición perigosa por posibles arrastres de superior categoría.

Por outra banda, fora do aspecto deportivo, a cesta do Sporting Pontenova xa ten gañador. O número 46, está firmado por Andrés Lombardero Fernández. ¡Noraboa!


¡Aúpa Sporting!


Esquela funeral Ramón Bouza Méndez "Casa Paco Carpinteiro - Espasande de Abaixo" - Riotorto


Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.