SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL
"O Sporting cólase entre os mellores da categoría"
C.D. COSPEITO 2 - SPORTING PONTENOVA 3
|
Xornada 10. Resultados e clasificación |
Sp. Pontenova: Ruben, Puente, Jorge Gomez, Davicín, Villi, Borja Lombardero, Tontxu, Ivan Fdz (Jorge Moirón), Moro, Adrian Pasarin e Alex Costea.
Goles: Adrian Pasarín e Davicín II.
O Sporting colócase a tres puntos dos postos de ascenso directo a Primeira Autonómica Rexional. Son xa 19 puntos os que ten no seu casilleiro e o obxetivo de acadar a permanencia o antes posible para evitar sufrimentos cada vez mais perto.
O equipo dirixido por Dani Moirón conseguiu sacar adiante un partido moi complicado, que se lle puxo costa arriba ata en duas ocasións. No minuto 49 da segunda metade, cando o partido tocaba o seu fin, Davicín subia o 2-3 definitivo ao marcador.
|
Davicín. Autor de dous goles |
O equipo gualdinegro non tivo a súa tarde, e costoulle adaptarse as dimensións do Campo da Fonte, pero aínda así trae os tres puntos, que a estas alturas da competición son moi valiosos.
A vindeira xornada visita o Campo da Mina a A.D. Ferroviaria, nun partido que se disputará o Sábado 14, as 16:15h no Campo da Mina.
PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL
A.D. PORTO DE BURELA 7 - SPORTING PONTENOVA 3
Sp. Pontenova: Andrei, Pedro, Christian, Alvaro, Roi, Marcos, Jose Luis, Juan, Dani, Fran e Raúl. Tamen xogaron: Cubelas, Anxo e Jesús.
Goles: Roi II e Christian Nabriga.
O equipo xuvenil volveu de vacío do campo do líder da categoría, a A.D. Porto de Burela.
Nun partido sen historia o equipo de Andrés Bouza non foi capaz de plantarlle cara a un rival superior que lle pasou por encima ao cadro gualdinegro.
A vindeira xornada, o equipo xuvenil volve xogar como visitante, neste caso no Pepe Barrera contra a S.D. Ribadeo.
VETERANOS
S.D. BURELA 3 - SPORTING PONTENOVA 1
Sp. Pontenova: Mijai, Marino, Lolo, Fran, Suso Castrin, Manolo Gavelo, Caseto, Davis Navallo, Sachas, Luigi, Ramon Tren. Tamen xogaron Esteban e Freitas.
Gol: Lolo
¡AÚPA SPORTING!