O
Partido Popular de A Pontenova ante as graves declaracións vertidas nos
medios de comunicación polo Concelleiro de Obras, Urbanismo e Persoal e
2º Tenente de Alcalde, Francisco Martínez Bermúdez, quere poñer de
manifesto que non comprende esta postura de ataque persoal
e directo, é máis, realmente desde o PP de A Pontenova consideramos que
si o equipo de goberno reacciona de esta forma, só enfangando,
calumniando e descalificando aos concelleiros do Partido
Popular, incluso chegando a poñer en boca do concelleiro Francisco
Lombardero palabras que nunca dixo, será porque non ten argumentos
políticos para defenderse e sabe que o Partido Popular ten a razón e que
mentras unhas licencias de obras se tramitan en escasamente un mes,
outras tardan un ano ou máis en tramitarse. Ademais, este concelleiro,
que non é a primeira vez que falta á verdade na prensa coas súas
declaracións, non debe olvidarse que entre todos os pontenoveses lle
pagamos un soldo cada mes para, entre outras obrigas, cumprir a lei e
facela cumprir, polo que si é coñecedor dalgunha irregularidade ten a
obriga de solventala.
Finalmente,
queremos manifestar que é caer moi baixo por parte do equipo de goberno
intentar “demonizarnos” fronte ao persoal municipal, porque eles
limítanse a facer o seu traballo pero, Quen establece as prioridades, en
definitiva, quen manda no concello: o persoal ou os políticos?
Noticias relacionadas: